Continuamos co seguinte tramo da Senda costeira de Xove que iniciamos a pasada fin de semana:Rutas de sendeirismo: SENDA COSTEIRA DE XOVE (XOVE-LUGO)
Hoxe partimos do porto de Portocelo e rematamos na praia de Esteiro. Oficialmente, esta ruta remata algo máis adiante, cocretamente na Praia de Portonovo, pero nós démola aquí por rematada e percorreremos ese tramo cando fagamos outro do Camiño Natural do Cantábrico que pasa tamén por aí.
Califico de moderada esta ruta polas subidas que ten que son de certa dureza para algunhas persoas, pero esto sempre é subxectivo e depende da forma física e características de cada un.
A costa de Xove é ben fermosa e hai que felicitar ao concello por poñela en valor con esta ruta tan ben sinalizada e acondicionada.
Características:
Lonxitude: 10km.
Dificultade: Media ou moderada.
Ruta lineal perfectamente sinalizada.
A ruta en Wikiloc
Descripción:
Partimos do porto de Portocelo que o outro día vimos dende o lado da praia. Hoxe pasamos ao pé del:
|
Porto de Portocelo coa praia ao fondo |
Empezamos camiñando pegados ao Cantábrico:E deseguida chegamos á Ruínas de S. Tirso. Aquí houbo un mosteiro que se edificou sobre un castro anterior. En setembro de 2018 empezaron as excavacións que permitiron atopar unha necrópole altomedieval con 5 tumbas. Esta necrópole podería estar relacionada co mosteiro anterior. Tamén descubriron casas castrexas de hai 2000 anos. O Castro está tapado temporalmente ata unha nova fase de excavación.
|
Ruínas de S. Tirso |
|
Ruínas de S. Tirso |
Continuamos á beira do mar. O camiño está moi ben acondicionado:
Vemos a Illa do Sal en 1º termo e ao lonxe, Illa de Sarón: |
Illa do Sal |
Despois dunha breve pero intensa subida, chegamos ao Miradoiro de Nacente e dende aquí vemos o camiño percorrido, as ruínas de S Tirso, a enseada de Portocelo e moi ao lonxe o Alto do Cruceiro:
Polo outro lado, vemos o Faro de Roncadoira:
A subida continúa e chegamos a Pena Sombreireira. Un nome moi acaecido xa que aquí se resgardaban os rapaces de Vilachá cando gardaban as vacas e ía mal tempo. A pena está debidamente identificada cunha placa que explica a historia acompañada dun fermoso e coñecido poema de Manuel Mª.
Imaxe que podemos contemplar dende o camiño que levamos. O faro aló ao fondo e os cantís en caída vertical sobre o Cantábrico. O faro de Punta Roncadoira, da que toma o nome foi construido na década dos oitenta. Empezou a alumear no 1984. Mide 94 m. A súa construcción foi necesaria polo alto nº de naufraxios que había nesta costa.
O máis cerca que podemos ver o faro sen achegarnos a el. Para facelo hai que baixar uns 100m e logo volver subir para continuar a ruta: |
Faro Roncadoira |
Chegamos ao Miradoiro de Poñente, moi preto do anterior. Vemos ao lonxe a illa Coelleira e a Punta de Estaca de Bares:
Ao fondo, a aldea de Vilachá. Estamos no cume do Monte Castelo, un lugar con moitas rochas que ao parecer semellan animais. Nós buscamos algún pero non os vimos...
Ao igual ca no miradoiro anterior tamén hai un banco dende o que se poden desfrutar magníficas postas de sol:
|
Banco de Poñente |
Agora baixamos e cruzamos un pequeno monte:
Para chegar á Praia do Coído: |
Praia do Coído |
A partires da praia anterior iniciamos unha forte subida que nos deixa estas vistas do camiño percorrido:
A subida é para chegar ao Pico do Coído dende o que vemos Punta Roncadoira:
O camiño é ancho. Imos frente á Estaca de Bares:
Mirando atrás, vemos os cantís rochosos e abruptos que conforman esta costa:
|
Punta da Mansa |
Vemos os illotes Os Netos.
|
Illotes Os Netos |
E empezamos outra subida pero moi curta e de menor intensidade que nos leva ao Miradoiro de Antimil dende o que observamos moito ao lonxe, a praia de Esteiro que será o noso punto final.
Dende o miradoiro anterior, vemos a Punta da Mansa, á que teremos que chegar.
Baixando ata Punta da Mansa:
A partires da Punta anterior imos por un ancho camiño de grava:
Imos contemplando a Enseada da Regodola e vemos de frente a pista forestal pola que logo iremos:
A enseada da Regodola vista dende o outro lado:
I
mos uns metros polo medio dun monte:
Que nos leva á enseada e coído de Meitón:
A seguinte é a praia de Muiñelo. Unha praia pequena que en marea chea queda sen areal: É estaional porque cando hai grandes temporais, arrrastran a area. É moi rica a paisaxe submarina desta praia.
|
Praia de Muiñelo |
Despois de ir pola estrada uns 700m. xa divisamos a Praia de Esteiro:
Que conta cun chiringuito enriba da praia. Tamén conta con duchas, aseos, socorrista...
Esta praia é considerada polos surfistas como unha das mellores para a practica deste deporte: |
Praia de Esteiro |
Ningún comentario:
Publicar un comentario