Amosando publicacións coa etiqueta Paderne. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paderne. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de xuño de 2020

RUTA DO BOCELO. (COIRÓS_PADERNE) SM 12



Esta sinxela ruta trancorre polos municipios coruñeses de Coirós e Paderne entre bosques de Ribeira ao lado do río Mandeo e por tramos de asfalto entre fincas de labor e aldeas.

CARACTERÍSTICAS:
Lonxitude: 8km.
Dificultade: fácil
Ruta circular regularmente sinalizada nalgún tramo

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza no Coto de Chelo que é unha paraxe fluvial no Val da Espenuca situada na parroquia de S. Salvador de Colantres no concello de Coirós que conta cun Centro de Interpretación.
O Coto de Chelo, que é onde comenza a ruta está AQUÍ:
Área de Chelo

Temos que cruzar a ponte:

Ponte sobre o Mandeo

Outra vista do Coto de Chelo:


Paisaxe exuberante ás beiras do Mandeo:

O primeiro tramo transcorre ás beiras do río:


O Mandeo quédanos á nosa dereita:


Imos por unha fermosa paisaxe de ribeira:


Un pescador domingueiro:

Balneario en ruinas de O Bocelo. A este balneario acudía nos anos 30/40 moita xente buscando a cura de enfermidades de pel e fígado porque ten un manantial (aínda existe) de augas sulforosas. Foi destruído nos anos 40 por un incendio. Pertence á parroquia de Vilamourel no concello de Paderne:
Consta de dous pisos e a natureza vaino invadindo


Despois dun tramo de subida por unha pista forestal alonxándonos do río entre eucaliptos chegamos a unha pista ancha con vexetación máis autóctona:


Chegamos a Medín que pertence ao concello de Paderne e ten fermosas casas restauradas:

Tamén conta cunha área recreativa:

Na que paramos a descansar e tomar un aperitivo:

Chama a atención o curiosa e ben coidada que está esta aldea:


Pasamos a carón de grandes cultivos de cebada:


Esta é a igrexa de S. Xoán de Vilamourel (concello de Paderne)

A ruta agora descende ata chegar de novo ás beiras do río Mandeo ata o mesmo lugar onde a empezamos: