Amosando publicacións coa etiqueta Cangas de Onís. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cangas de Onís. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2020

LAGOS DE COVADONGA PR-PNPE-2




Os lagos Enol, Ercina e Bricial forman o conxunto dos Lagos de Covadonga, situado no Parque Nacional dos Picos de Europa, declarado Reserva da Biosfera e que pertencen ao concello de Cangas de Onís.

Ao programar esta ruta, no ano 2016, non esperábamos atopar o que atopamos pero coincideu que nas semanas anteriores estivera nevando e xusto o día antes da nosa viaxe abriran a carretera que sube aos Lagos. Era domingo, o día non podía estar máis fermoso cun sol radiante, sen nada de vento e atopamos unha paisaxe dunha beleza indescriptible.

Lonxitude. 6km.
Dificultade: baixa
Ruta circular, ben sinalizada

Descripción da ruta:

Aparcamos no parking da Buferrera. Tivemos moita sorte xa que o parking é pequeno e porque ao estar todo nevado apenas había onde aparcar e ao pouco pecharon os accesos e xa non deixaban subir aos Lagos.
Limparan de neve o parking pero é moi pequeno:

Pois aquí estamos, super felices pola neve e polo día de sol, preparándonos para sair:



Nun principio dudábamos se ao estar todo cuberto de neve veriamos os sinais ou nos perderiamos pero comprobamos que o valado de madeira nos axudaría e sempre podiamos dar a volta se a cousa se poñía dificil. Así que empezamos a ruta:


Despois desta pequena subida chegamos ao Mirador do Príncipe
pero como había que desplazarse uns metros e non estaba o camiño para moitos desvíos, continuamos de frente ata chegar ao xardín botánico que atravesamos:

Imos cara a mina A Buferrera sen medo a perdernos xa que a ruta está moi ben sinalizada:


Accedemos á mina seguindo as vías do tren a través dun túnel duns 20m. de longo:


A mina A Buferrera é un pequeno museo ao aire libre. Nesta mina extraiase ferro e manganeso. Hai paneles contando ao detalle a historia da mina ata o seu peche en 1979.


Seguimos camiño coa Peña Santa de Enol ao fondo e seguindo as pisadas de alguén que xa pasou antes de nós:

E chegamos ao Lago Ercina. Foi un pracer desfrutar deste xeito desta ruta, sen apenas xente:


Dende aquí collemos á dereita en dirección a Vega Bricial coñecida o 3º Lago de Covadonga porque cando chove moito fórmase un lago na veiga. Nós non vimos este lago porque a veiga estaba cuberta de neve.



Ao pé desta cabana paramos un pouco a tomar un tentempé:

Chegamos a un cruce de camiños e temos a opción de continuar cara ao lago de Enol(de frente) ou cara ao bosque de Faias Palumberu(á esquerda) Nós seguimos de frente cara ao lago xa que as faias estaban sen follas, o chan era neve e seguro que noutra estación valería máis a pena pasar por aí.

O bosque de faias, á esquerda(pasamos moi preto):



E fomos chegando a unha capela:

Dirixíndonos o Refuxio onde imos comer:

Dicir que a comida....foi unha sopa e un cocido. O cocido eran máis ben moitos garabanzos sen apenas carne. (O rapaz xustificouse dicindo que tiña que carrexar as cousas dende  a carretera (un km. e medio aprox.) e que pesaban moito, que fixera o que poidera. Ao final pasamos unhas boas risas e perdonamos a regular comida polo moito que defrutamos da ruta.
A carta do menú:


Imos cara ao lago Enol que xa podemos ver e imos deixalo á dereita para ir dar á carretera por un sendeiro sen perda porque vemos tamén ao lonxe o parking:
O lago Enol ao fondo

Deixando o lago á dereita

Lixeira subida ata a carretera


Xa na carretera, camiño do parking(pouco falta):

 Chegando de volta ao paking:

Vaia ruta tan fermosa, na que defrutamos coma nenos!!!







Se queres ver a ruta en wikiloc, aquí