Amosando publicacións coa etiqueta Cangas del Narcea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cangas del Narcea. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de xuño de 2020

BOSQUE DE MOAL. MOAL(CANGAS DEL NARCEA) AS-132






Esta ruta forma parte do Parque Natural de Fontes do Narcea, Degaña e Ibias, ás portas da Reserva Natutal Integral de Muniellos. Está na aldea de Moal, vila exemplar 2018 que pertence ao concello de Cangas del Narcea.

 Situación de Cangas del Narcea nun mapa de Asturias:

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 8,5km.
Dificultade: media
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
A ruta parte pois da aldea de Moal que está situada  AQUÍ:
Atravesamos unha pista de formigón que atravesa a aldea:

Capela de S. Juliano:


Collemos un sendeiro á man dereita:


E aquí pillamos á dereita. Por ese rego teremos que baixar á volta, non está moi transitable!!
Este é o Reguero de la Collada

Agora adentrámon os nun souto e vemos "corripas" onde se metían as colmeas para protexelas dos ósos:


 
Cruzamos unha ponte sobre o río Muniellos ou Tablizas, afluente do Narcea:

E empezamos a subir levemente entre un bosque de faias:


De momento imos en paraleleo ao río:

 Atravesando un bosque de faias que nesta época está sen follas:

Parando a descansar da subida:

Seguimos subindo:

Estamos xa chegando ao Miradoiro de Montecín:

Excelentes panorámicas as que se ven dende Montecín:


A partires de aquí empezamos a descender suavemente cara ao Collado de Moncó:

E observamos os trocos retorcidos dos carballos que deben de ser moi vellos:


O Collado Moncó:


E a partires de aquí, empezamos a baixar unha forte pendiente:


 
Deseguida, o xa dificil sendeiro dificultouse aínda máis ao baixar cheo de auga:

Esta baixada é apta para xente acostumada ao sendeirismo e que lle guste a aventura. A mín encantoume!!

Aquí a auga era tanta que subimos ao prado:

E fomos polo prado, paralelo ao sendeiro:


Para sair do prado, houbo que agacharse xa que tiña un peche de arame:

Deseguida enlazamos co camiño de subida e chegamos de novo a Moal:


No principio da aldea deixáramos os coches:

O río Tablizas ou Muniellos e a ponte que cruza ás fincas: