Esta ruta forma parte do Parque Natural de Fontes do Narcea, Degaña e Ibias, ás portas da Reserva Natutal Integral de Muniellos. Está na aldea de Moal, vila exemplar 2018 que pertence ao concello de Cangas del Narcea.
Situación de Cangas del Narcea nun mapa de Asturias:
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 8,5km.
Dificultade: media
Ruta circular ben sinalizada.
DESCRIPCIÓN:
A ruta parte pois da aldea de Moal que está situada AQUÍ:
Atravesamos unha pista de formigón que atravesa a aldea:
Collemos un sendeiro á man dereita:
Este é o Reguero de la Collada |
Agora adentrámon os nun souto e vemos "corripas" onde se metían as colmeas para protexelas dos ósos:
Cruzamos unha ponte sobre o río Muniellos ou Tablizas, afluente do Narcea:
E empezamos a subir levemente entre un bosque de faias:
De momento imos en paraleleo ao río:
Atravesando un bosque de faias que nesta época está sen follas:
Seguimos subindo:
Estamos xa chegando ao Miradoiro de Montecín:
Parando a descansar da subida:
Excelentes panorámicas as que se ven dende Montecín:
A partires de aquí empezamos a descender suavemente cara ao Collado de Moncó:
E a partires de aquí, empezamos a baixar unha forte pendiente:
Deseguida, o xa dificil sendeiro dificultouse aínda máis ao baixar cheo de auga:
Para sair do prado, houbo que agacharse xa que tiña un peche de arame:
No principio da aldea deixáramos os coches:
Esta baixada é apta para xente acostumada ao sendeirismo e que lle guste a aventura. A mín encantoume!!
Aquí a auga era tanta que subimos ao prado:
E fomos polo prado, paralelo ao sendeiro:
Deseguida enlazamos co camiño de subida e chegamos de novo a Moal:
O río Tablizas ou Muniellos e a ponte que cruza ás fincas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario