Hoxe fomos ata O Incio para facer unha ruta preciosa moi curta e faciliña pero chea de encanto pola gran variedade de árbores (moitos deles cos seus nomes en rótulos de pedra), pola tranquilidade e paz que inspira o lugar e pola aldea de Vilasouto ás beiras do encoro.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 8,5 km. aprox. en total
Dificultade: ningunha. É unha ruta moi fácil sen ningún desnivel e por sendeiros moi aptos para andar.
Ruta lineal que non está sinalizada pero non ten perda: sempre se vai á beira do encoro.
DESCRIPCIÓN:
O encoro de Vilasouto forma parte do río Mao e ocupa unha extensión de 111ha. con 2km. de longo e 1,5km. de ancho aprox. Foi construído en 1969 coa intención de solucionar os problemas de abastecemento de auga en terras de Lemos. O encoro anegou terras e vivendas sobre todo nas parroquias de Vilasouto, Goó e Eixalba. O patrimonio histórico da zona tamén se viu afectado xa que no Agro do Pepe atópanse varias rochas con petroglifos que permanecen sumerxidos boa parte do ano(Só se poden ver os meses do verán cando o nivel da auga está máis baixo). Tamén quedou en desosu a igrexa de S. Mamede de Vilasouto e contruiuse unha novo no centro da aldea.
Vilasouto, onde empeza a ruta, está AQUI:
Podemos empezar a ruta nun lado ou outro. É lineal e ao ser tan curta e fácil pois imos e volvemos:
E collemos á esquerda, cara á Vilasouto:
E xa empezamos a ver as árbores cos seus rótulos:
Á beira do encoro:
Un precioso sendeiro:
Moi fácil de percorrer:
A nova igrexa de Vilasouto, construída canda o encoro:
Pasamos por unha fonte restaurada e con bancos moi novos. Só é preciso rozar a herba:
E colllemos de novo o sendeiro ao pé do encoro:
Un entorno marabilloso!:
Un inmenso carballo |
Rincóns para sentarse:
Moi fácil de percorrer:
Saimos á carretera e andamos uns 10 m. para adentrarnos, á dereita, na aldea de Vilasouto:
A aldea está medio abandonada |
Ten casas moi ben restauradas Pillamos á esuqerda para dar unha volta pola aldea: |
Dende aquí, demos a volta cara ó encoro (Todo está moi cerquiña)
Ao lonxe vemos a ponte onde deixamos os coches |
Inmensos carballos!! |
Detrás deixamos Vilasouto |
Semellaba un pero...son dous!! |
Que ben se debe de estar no verán a esta sombra!! |
Ao fondo, a ponte de onde saimos |
Volvemos ver árbores co seu nome:
Imos por este carreiro así de fácil:
O día estaba moi nublado pero o que se ve á dereita e ao fondo, é auga |
O sendeiro vai entre o encoro e unha carretera solitaria, cruzando esta, temos a vella igrexa de S. Mamede de Vilasouto que no ano 1936 sufriu un importante incendio que lle estropeu o tellado e o seu retablo maior. Pechouse ao culto en 1970 ao construirse o encoro e sustituirse pola actual.
Entrou entón esta igrexa pouco a pouco nun estado ruinoso e no ano 2011 a Asociación Lugo Patrimonio denunciou o seu estado e realizaronse obras na mesma para librala da destrucción e renovouse o tellado. Os arredores da igrexa están coidados:
A igrexa data do S. XII e conserva a súa portada románica |
Vistas do encoro dende a igrexa:
Volvemos ao lado do encoro e seguimos andando uns metros máis:
Os carballos queren beber |
Volvemos cruzar a aldea:
E chegamos de novo á ponte:
A partires da ponte, hai que ir por un sendeiro habilitado ao pé da carretera 1,5km. aprox.
Ata que aparece un carreiro:
Se nos damos conta dos detalles, as fotos a partires de aquí foron feitas no mes de febreiro. As anteriores, en xuño xa que realizamos esta ruta dúas veces. As diferenzas na paisaxe debido ás estacións son palpables:
Cisnes nadando tranquilos |
Moi ao fondo vemos a vella igrexa de S. Mamede de Vilasouto |
E a paisaxe segue sendo bucólica:
Cando fomos en febreiro, decidimos alonxarnos algo do embalse e fixemos tamén unha pequena ruta circular por Eirexalba:
Axiña demos a volta. Gustábanos máis o encoro:
Neste precioso vídeo pódese ver dende o aire todo o encoro e a aldea de Vilasouto e facerse unha moi boa idea dos lugares polos que andivemos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario