Amosando publicacións coa etiqueta Cabrales. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cabrales. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de abril de 2020

RUTA DO CARES (PONCEBOS-CAÍN)


A Ruta do Cares é unha das rutas de sendeirismo máis fermosas de España. Transcorre a través dos Picos de Europa entre Asturias e León percorrendo a garganta do río Cares. Pode partirse dende Poncebos (Asturias) ou dende Caín (León). Oficialmente, a ruta remata ou empeza en Posada de Valdeón (León) pero serían 10 km. máis; polo que nós fixemos dende Poncebos ata Caín.
Esta ruta abríuse como vía de acceso para o mantemento do canal de alimentación da central hidroeléctrica de Camarmeña, en Poncebos.
A ruta do Cares discorre pola chamada "garganta divina" do río Cares a través de grutas, pontes e sendeiros excavados na rocha. Cando a ruta chega a Caín, ábrese o desfiladeiro e unha ponte atravesa o mesmo.
É unha ruta na que sempre se atopa moita xente, incluso con nenos ben pequenos que os pais/nais cargan ao lombo. Os sendeiristas van entre a rocha por un lado e o precipio polo outro pero non hai que asustarse, o sendeiro é o suficientemente ancho para non dar medo.
É tamén doado de percorrer, salvo os dous primeiros kilómetros dende Poncebos que son de subida, os 10 restantes son en chao, sen apenas desniveis.
Nós levamos uns bocatas e comemos en Caín despois dunhas 4 horas de camiñata. Tamén se pode ir menos cargado e comer nun pequeno restaurante que hai en Caín. Neste tomamos uns xeados e o café.

Lonxitude: 24 km. en total(ida e volta)
Dificultade: Media

Ruta lineal

Descripción da ruta:
Saímos sobre as 11:00 h. de Poncebos e como dixen, os primeiros 2km. foron de subida.
Subindo dende Poncebos

Despois desta subida de 2km., o sendeiro non presenta desniveis:


Por un lado, a rocha; por outro, o precipicio:


Paramos a repoñer forzas:


Ao chegar a Caín, podemos refrescarnos no Cares:

Despois de comer e descansar, iniciamos a volta: outros 12 km.

De volta, a punto de meternos nun túnel excavado na rocha:

Á volta, a catro valentes(ou insconcientes) do grupo ocorréuselles baixar por un sendeiro perigoso que non forma parte para nada da ruta oficial e pode ser moi perigoso porque ese carreiro baixa polo medio dun pedregal e se pisas en falso pode dar lugar a un desprendemento de pedras:


Tamén houbo momentos para moitas risas: