xoves, 8 de abril de 2021

RUTA DE SENDEIRISMO PARA NENOS. S. CLODIO DE AGUIAR- OUTEIRO DE REI (LUGO)

 É a 1ª vez que publico unha rutiña para nenos e nenas. Esta publicación vai dedicada ao meu netiño Gael, de 3 aniños e que o outro día vivíu unha xornada preciosa desfrutando dun lugar máxico na compaña dos seus papis, do seu padriño e a noiva deste e dos seus avós paternos. Os adultos vivimos un día de 10 véndoo a el como desfrutaba e gozando tamén nós da fermosura e orinalidade deste sitio que agora comentarei.

Características da ruta:

Lonxitude: 1,5 km. aprox.

Dificultade: ningunha

Ruta circular na que é imposible perderse.

Descripción

Este lugar máxico atópase nun sitio bastante apartado aínda que cerca de poboacións como Rábade, Outeiro de Rei e Lugo.

Está dentro do concello de Outeiro de Rei, na parroquia de S. Clodio de Aguiar. Unha parroquia moi pequena (no ano 2019 só tiña 36 habitantes)

Parécenos que para ver cousas grandiosas e que vallan a pena temos que ir ás cidades ou vilas grandes pero non sempre é así. Nesta parroquia ben pequena naceu da man de X. Ramón Rodríguez Iglesias un proxecto precioso que cada día é máis coñecido e ten máis visitantes.

Con gran esforzo e de xeito altruista (só nos pedirán que deixemos a vontade) este home creou un mundo de conto con animais, con personaxes, con lugares que non deixarán de sorprendernos a cada paso; e o máis importante: todo construído con materiais de refugallo. Un mundo cheo de maxia no que se pode sentir o amor á natureza.

Situamos  o lugar de S. Clodio de Aguiar onde está a tamén chamada "Aldea das Formigas" Está AQUÍ

Despois de aparcar onde se pode (Non hai sitio habilitado) atopámonos con estas cigoñas:


E imos con coidadiño porque nos vixía a " Formiga radar"

Tamén vemos este bólido vermello que conduce unha formiga.


Non podía faltar o enfermeiro coa vacina contra o Covid:



Tampouco podía faltar a Formiga que controla o tráfico:


Xusto na entrada temos un punto de recarga de batería. Todo aquí é ecolóxico:

Estes elementos anteriores están na carretera. Entramos ao recinto, que é un precioso prado rodeado de árbores e o primeiro que vemos é ao cobrador de morosos


Todo é feito con materiais reciclables como tiestos, botas, plástico de silos, neumáticos, bidóns... Esta preciosidade sería a casiña das formigas, que aínda que hai moitos outros animaliños, elas son as protagonistas:



Continuamos o percorrido sorprendéndonos a cada paso. Este foguete facía as delicias de tódolos pequenos que por alí había:

Porque se pode entrar dentro onde hai un astronauta e unha réplica dun ordenador que poden manexar:

O camiño é precioso e sorprendente a cada paso:

E xa vemo ao lonxe a 1ª "criatura feroz"

Ohhhhhh....que medo! Esta é a serpe Lurditas

O polbo non podía chamarse doutro xeito...

Tamén vimos a abella Maya:

E un paxaro carpinteiro:

É incrible o que se pode facer con imaxinación e vontade de traballo:

As formigas traballando:

E aquí temos a Fermín:

E a Gastón

Este lugar é chamado tamén "A aldea das formigas"

Unha inmensa araña!!

Seguimos o percorrido sen deixar de sorprendernos:

O enclave é ben fermoso:

Seguindo co noso paseo, atopamos o autobús escolar:

Que ten a súa parada, claro:

Un caracol cos seus filliños:

E esta formiga motorizada cazou o virus do Covid!!

Ás formigas debe de gustarlles as motos:

Ata hai unha formiga-bruxa colgada dunha árbore:

E estas teñen unha bomba!!

 Seguimos o fermoso percorrido:

E atopamos unha formiga buscadora de ouro. Fixarse que collar leva!!

Chegamos a un edificio que parece moi futurista:

E que por dentro é precioso, con plantas  e bancos e pedras...


E ao rematar o circuito atopamos ao porco Martiño. Como a entrada é gratuita, podemos meterlle a Martiño por un burato que ten algún cartiño, o que queiramos, para axudar a manter este espectacular lugar!!

2 comentarios:

  1. Me gusta la idea de rutas que sean atractivas para niños y adultos,es una labor importante que sepan lo conectados que debemos estar con la naturaleza. Soy de la zona de cangas del morrazo y por aquí hay muchas opciones incluyendo senderos para llegar a playas exploradores!!!

    ResponderEliminar
  2. Me alegra que en Pontevedra tengáis muchas opciones. Es importante conectar a los niños desde bien temprano con la naturaleza para que la disfruten, la valoren y la cuiden.
    Un saludo.

    ResponderEliminar