Esta ruta está sen homologar nin sinalizar. Para poder realizala, se non se coñece esta parroquia, hai que segui o track que gravei en WIKILOC
É unha ruta curtiña e fácil que vai pasando polas numerosas fontes que ten esta parroquia nalgúns dos barrios que a conforman.
Características da ruta:
Lonxitude: 7,2 km.
Dificultade: Fácil
Ruta circular sen sinalizar.
Descripción:
Esta é a Fonte de Lousada:
Tamén ten un lavadero adosado como pasa en moitas fontes. Este está nun completo
abandono:
Vistas dende a Fonte de Lousada. (Aínda que o día non estaba moito para fotos)
O percorrido é todo por asfalto, pero por estradas e pistas locais da parroquia nas que non atopei apenas ningún vehículo. Imos cruzar o barrio de Lousada:
Dentro de Lousada temos barrios coma este dos Reis cos seus cabozos
Esta é a capela da Concepción.
Dende onde hai unhas excelentes panorámicas (Non en días coma o de hoxe)
A primavera chegou pero o día está moi gris hoxe:
Xa podo ver o barrio do Cachón e o do Redondal:
Esta casa en ruínas foi a antiga rectoral:
A seguinte fonte é a de Lázaro:
Tamén co seu lavadoiro:
Un xardín moi coidado:
A terceira fonte que atopo é a de Quintas. Esta non ten lavadoiro:
Damos a volta sobre os nosos pasos e baixamos para ir ata a Fonte da Rigueira:
Fonte da Rigueira:
Para coller auga desta fonte, hai que baixar unhas escaleiras:
Damos a volta e pasamos polo barrio do Cachón:
Baixo polo Cristo:
Para chegar á Fonte de S. Campio que data do ano 1939
E baixo uns metros cara a igrexa, vemos a mesma fonte que trouxeron ata aquí no ano 2000:
Seguimos o noso camiño cara á Ponte Vella deixando a igrexa parroquial detrás:
Xa vemos o río Ouro pasando pola Ponte Vella:
Logo de pasar a Ponte Vella, torcemos á dereita para coller a Ruta do Río Ouro que
podemos ver descrita no seguinte enlace:
unha hedra que colonizou un carballo:
Continuamos a ruta e aquí collemos á dereita para o barrio de A Rúa:
Barrio de A Rúa:
Chegamos ao Rego da Pasada
Damos a volta para seguir o camiño que traíamos e ver a Fonte da Aldea:
Vemos xa a Ponte de Ferro que cruzaremos e o seu barrio e máis ao lonxe o barrio de Lousada de onde saimos para facer esta ruta:
Pasando pola Ponte de Ferro sobre o río Ouro na súa desembocadura:
Mirando á esquerda, os barrios polos que vimos de pasar:
Vistas dende o barrio da Ponte:
E chegamos á última fonte que veremos: A Fonte de Paleo que atopamos algo descoidada
Imos pola principal estrada desta parroquia, no barrio de Bargado:
Torcemos á esquerda para seguir pola estrada que vai á Ferreira do Valadouro:
Uns metros máis adiante, torcemos á dereita e vemos a antiga escola hoxe convertida en
Centro Socio-cultural da Parroquia:
Subimos polo barrio de Lousada:
E rematamos esta ruta no mesmo lugar onde a empezamos. Nese mesmo lugar, á dereita, temos a Fonte de Lousada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario