Amosando publicacións coa etiqueta India.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta India.. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de marzo de 2024

INDIA (JAIPUR)

Jaipur está no estado de Rajastán e é a capital deste estado. É chamada "a cidade rosa" porque foi construida en estuco rosado para imitar a area desta cor. En 1905, o Principe de Gales, Jorge V visitou Jaipur e como benvida volveron pintarse de rosa os edificios. Dende entón , esta cor é o símbolo da hospitalidade nesta cidade.

O 1º que fixemos ao chegar foi visitar o Templo de Birla e asistir a unha cerimonia Aarti.

TEMPLO DE BIRLA

Ao longo da India hai varios templos chamados así porque foron mandados construir pola familia Birla. Son templos hindúes. É o 1º templo hindú que imos visitar. Xa vimos mesquitas e un templo Sikh. Agora tócalle a un da relixión maioritaria na India: o hinduismo.

- O Templo de Birla de Jaipur está feito en mármore branco, 

- É un templo novo, de 1988.

- Está dedicado ao deus Vishnu (Narayan) e á súa muller Laxmi (Na relixión hinduista adóranse varios deuses)

- Os  seus devotos adórana nos fogares e a  maioría dos hindúes tenen unha foto súa nos altares das súas casas ou negocios, segundo nos contou o noso guía.

Dentro deste templo, asistimos a unha cerimonia Aarti que se celebra cada día ao mencer a ao anoitecer. Nós fomos á da noite e a min gustoume moito a espiritualidade e a participación da xente neste ritual.

O deus Vishnu e a deusa Laxmi
Só poidemos sacar fotos e vídeos  no exterior do edificio. Os templos hindúes están situados habitualmente nunha zona alta deseñada para acoller a gran nº de visitantes.
Templo de Birla. Jaipur
 
A familia Birla está ligada á historia industrial e social da India e foi a que mandou construir templos hindúaes por toda a India, ademais de ecolas, hospitais...etc, etc.

Templo de Birla. Jaipur

AMBER

O Clan Kchvaha tomou a fortaleza de Amber como capital e refuxio  das incursións mogolas. O rajá Man Singh mandou construir un pazo ao que se acostuma a subir en elefante.

Comenzou a construirse en 1592 sobre as antiguas ruinas doutros edificios e foi sufrindo remodelacións ao longo de 150 anos.

Elefantes preparados para subir ao Fuerte.

O Forte Amber está situado encima dunha colina. Subimos en elefante. 

O Forte Amber é un dos lugares máis visitados da IndiaÁ nosa esquerda, mentras subimos, vemos o Lago Maota.

Lago Maota

Esta fortaleza e o seu entorno apareceron en infinidade de películas e non é de estrañar, o lugar préstase!

Neste patio celebrábanse as Audiencias Públicas:

Fuerte Amber

Esta magnífica porta dá acceso ás estancias do Marahajá. A decoración de mosaicos e motivos florais  está rematada coa efixie de Ganésh, o deus elefanté hindú.

En moitas edificacións só quedaron paredes vacías debido a que os ingleses cando conquistan India levaron todo, ata os azulexos.
Fuerte Amber

No Jai Mandir ou Salón da Victoria todo deslumbra: as paredes de mármore, con espellos de gran calidade ata o teito profusamente decorado. Di a lenda que unha soa vela bastaba para iluminar toda a estancia debido á colocación de espellos e aos seus reflexos da luz.
Fuerte Amber

As distintas estancias están separadas por patios e xardíns.
Fuerte Amber

Este complexo de edificacións está rodeado de grandes fortificacións, largas murallas salpicadas de bastións que se estenden polas montañas do arredor.
Muralla 

O Pazo da Auga (paramos a sacar fotos) é unha edificación do S. XVIII que semella flotar sobre a auga. Na realidade o pazo está abandonado e as augas deste lago, contaminadas.
Pazo da Auga
 
PALACIO DE JAIPUR
- Construido no S. XVIII por orden de Sawai Jai Singht II, gobernador de Amber por aquel entón. 
- O Palacio de Jaipur foi un novo asentamento en busca de auga, xa que o reducto de goberno inicial, o Fuerte Amber, escaseaba en reservas. 
- O Palacio converteuse deste xeito nun dos principais bastións da India durante a dominación británica a finais do S. XIX, quedando dividido en dous palacios: o Chandra Mahal (onde reside o actual maharajá) e o Mubarak Mahal.
- Unha parte do palacio pódese visitar pero outra segue a ser residencia real.
- Este palacio é dos máis femosos e fastuosos da India.
- O maharajá actual de Jaipur, Pacho, é un multimillonario, modelo ocasional, filántropo, activista e capitán de polo da India.
Palacio de Jaipur

Pórticos: Unha das características polas que destaca o Palacio de Jaipur é polos seus accesos ornamentados, perfectas mostras do fastuoso esplendor do complexo.



Este palacio parece de conto:
Palacio de Jaipur

O colorido, a decoración...

Palacio de Jaipur

Un marajá é un título real que significa "gran rey". Baixo o goberno británico os marajás vivían en palacios de ensoño con toda clase de luxos e excesos pero coa independencia da India ese mundo chegou ao seu fin.
Palacio de Jaipur

Unha preciosidade de Palacio!!
Palacio de Jaipur


OSERVATORIO DE JAI SINGH

-Tamén chamado Jantar Mantar, é un dos 5 observatorios astronómicos da India.

- Foron construidos polo maharajá Jai Singh, quen ademais de guerreiro, era aficionado á astronomía.

- É Patrimonio da Humanidade dende 2010 e foi construido no S. XVIII

- Son un conxunto de monumentos cuxas formas permitían o estudo da evoulución das sombras producidas polo sol.

O Samrat  Yantra aínda hoxe marca a hora precisa
 
Este é o conxunto de observatorios antigos máis significativo, completo e mellor conservado da India.
O reloxo de sol que vemos na imaxe presume de ser o máis grande do mundo, con 27m. de altura.

Nunha gran esplanada están ubicadas estas construccións.

Este monumento mide a traxectoria do sol a través dos signos do zodíaco indio para determinar os horóscopos. É como un mapa invertido do ceo.

Pensado como o observatorio astronómico máis ambicioso do país, a nivel técnico e arquitectónico, deseñouse un complexo de 20 instrumentos monumentais para observar a bóveda celeste
Na foto seguinte vemos algunhas das 12 pezas que forman os signos do zodíaco.

 Jantar Mantar destaca pola sobriedade da súa liña arquitectónica. En lugar de apostar pola complexidade ornamental dos palacios e templos hindúes, os enxeñeiros que deseñaron este espacio escolleron liñas máis simples e sobrias.
 
Este é un dos observatorios solares máis grandes do mundo que aínda se utiliza.

PASEO EN AUTORICKSHAW

Un autorickshaw  ou tuk-tuk é unha versión motorizada do tradicional riscksshaw (pequeno carro de 2 rodas tirado por unha persoa) e do bicitaxi (pequeno vehícula de 3 rodas impulsado a pedal)

O seu uso está moi estendido en varios países de Asia. Na India son usados como taxis, vehículo para repartir mercancías e sobre todo como uso turístico. 




No paseo por Jaipur pasamos ao pé do Palacio dos Vientos.
- Foi construido no S. XVIII polo marajá Sawai Pratap Singh. 
- A función orixinal do edificio era que as mulleres reais poideran observar a rúa sen ser vistas.
- A fachada que dá á rúa ten 953 ventás e o vento que circulaba a través delas é o que lle dá nome.
- Aínda que na actualidade pouco máis que a fachada se conserva é o símbolo da cidade de Jaipur.

Palacio dos Ventos. Jaipur

Páxinas web consultadas:

https://www.viajeporindia.com/templo-birla-jaipur-india-rajastan/

https://es.wikipedia.org/wiki/Amber_(India)

https://www.lavanguardia.com/

https://www.lasociedadgeografica.com/blog/viajes-india/city-palace-jaipur/

https://www.revistavanityfair.es/

https://www.bbc.com/mundo/vert-tra-61711070

https://www.ngenespanol.com/