Esta ruta que publicita o concello de Cervo é preciosa pero ten tramos verdadeiramente abandonados polos que é imposible pasar debido á maleza que teñen. É unha lástima porque a ruta merece a pena de verdade.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 6km. aprox.
Dificultade: fácil pero inaccesible nalgúns tramos
Ruta lineal mal sinalizada en bastantes tramos e descoidada sobre todo a partires da vila de Cervo.
DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza en Sargadelos, na Fonte da Tella. A situación desta Fonte, AQUÍ
O entorno da Fonte da Tella é moi exuberante:
Estamos a carón do Conxunto histórico-Artístico de Sargadelos que inclúe os restos do Complexo industrial fundado a finais do S. XVIII por Antonio Ibañez, marqués de Sargadelos ao levantar unha fundición de ferro e no S. XIX as fábricas de louza e vidro.
Antiga carboeira que hoxe se emprega como sala de exposicións |
Antiguas cabaleirizas |
Antiga fábrica de louza |
Casa do administrador, hoxe convertida en Museo |
Andamos por asfalto aprox. 1 km.ata chegar a un cruce onde está sinalizado o Camiño Real que imos pillar:
O Camiño Real construído en 1849 ía dende as Reais Fabricas (Alfonso Ibañez consigueu unha cédula Real para levantalas) ata o porto de S. Cibrao. Foi a 1ª estrada de peaxe en España e a través dela chegaban ao mar os productos manufacturados das fábricas de Sargadelos.
O Camiño Real é ancho (Cando foi feito tiñan que pasar carruaxes e mercancías) e nótase que tivo bo firme.
O entorno é así de fermoso:
Nótase que foi un camiño importante ademais de pola anchura(que en moitos lugares vai sendo comida pola vexetación) tamén polos muros de pedra que o protexían:
1ª ponte que vemos pero non temos que atravesar:
Un fermoso recanto:
Unha exuberante vexetación con moitas variedades de plantas e árbores medra ás beiras do Xunco:
Escaleiras que baixan ao río:
Algo máis adiante atopamos outra edificación grande en ruínas e o camiño foi estreitándose:
Atravesamos esta ponte e xa chegamos á vila de Cervo:
O muíño de Benito:
E atravesamos esta ponte:
Sempre pegados ao río Xunco:
Ata aquí a ruta non ten perda. A pesares de non estar homologada nin ter sinais propias de sendeirismo o camiño está ben definido e non hai problema. A partires deste punto xa non hai sinalización ningunha ou está mal.
Tardamos uns minutos en adiviñar por onde debiamos ir. Saimos a unha carretera onde hai un cruce. Primeiro fomos de frente, seguindo o río, pero tivemos que dar volta xa que non se pasaba.
Nós viñamos do carreiro verde e aquí hai que cruzar a ponte e pillar Á DEREITA!!
Despois de ir pola carretera uns 20m. collemos un sendeiro que apenas se vía, á dereita para volver ao río:
Pero o sendeiro estaba case impracticable, canto máis nos adentrábamos, máis cerrado estaba o paso:
Pero aínda que con dificultade, fomos pasando e chegamos a esta ponte onde xa se camiñaba mellor. Pensamos que se debía a que é un lugar frecuentado por pescadores que chegan dende o outro lado:
O río Xunco segue a ofrecernos a súa beleza:
E chegamos á carretera xeral da costa que temos que cruzar(Imos sair na parte esquerda, onde está o sinal de curva peligrosa)
Cruzamos a carretera e collemos á dereita para atravesar a ponte:
Despois de cruzar a ponte, ao final, collemos á dereita outra vez:
E voltamos a pillar o cauce do Xunco:
Camiñamos uns metros por esta pista:
Atravesamos ao lado dunha finca onde había unhas casas ( O muro era o peche da finca dunha casa)
Cruzamos esta ponte:
Tivemos que alonxarnos do río, non poidemos seguilo ata a súa desembocadura en Rueta. Collemos a carretera que pasa moi cerquiña (Seguimos cara á esquerda)
Despois duns 200m apox. xa vemos o mar:
Vemos ao lonxe a praia de Rueta:
A praia de Rueta. Esta praia é bastante solitaria e incluso no verán está pouco concurrida.
A ponte sobre a que pasa o tren:
Unha pena non poder chegar a esta praia seguindo o curso do río como din na páxina do concello de Cervo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario