A ruta dos muíños no concello de Abadín é ben fermosa, ao percorrer enormes soutos xunto á unha fermosa vexetación de ribeira á beira de ríos e regatos que acollen varios muíños. uns restaurados e outros non.
CARACTERÍSTICAS:
Lonxitude: 10,75 km. en total ida e volta
Dificultade: fácil
Ruta lineal ben sinalizada e acondicionada.
DESCRIPCIÓN:
Partimos da parroquia de Corvite (concello de Abadín)
Abadín é un concello lucense que pertence á Terra Cha.
O muíño data do ano 1907 e foi restaurado podendo moer perfectamente ademais de recoller elementos etnográficos moi interesantes como ferramentas e maquinaria de antaño, así como a lareira e utensilios de cociña de cociña daquela época.
A lareira da que só está resaturada a cambota. Todo o demais é o que había orixinariamente:
Despois de visitar o muíño, empezamos a ruta:
E deseguida chegamos a un camiño polo que imos ás beiras do Anllo:
Imos por un camiño de carros co seu valado de pedra:
Vemos outro muíño, o do Mazo:
Agora imos adentrarnos nunha fraga que nesta época está sen follas pero que na primavera e verán con elas, está preciosa:
Continuamos polo medio da fraga, á beira sempre do rego de Rodeiro:
Saimos da fraga :
Powered by Wikiloc
Ningún comentario:
Publicar un comentario