Cando realizamos a ruta das FERVENZAS E MUIÑOS DE BERMUI E DE SOMEDE e dado que son rutas moi curtiñas, aproveitamos tamén para coñecer a vila de As Pontes de García Rodríguez.
Sorprendeunos esta vila quen non coñecíamos, polo grande que é e polos rincóns tan fermosos que ten.
Pertence á comarca do Eume e é o municipio máis extenso da provincia de A Coruña.
Esta localidade foi coñecida sobre todo pola industria térmica que a converte nun núcleo importante en Galicia de producción industrial pero que na actualidade están anunciando o seu peche para o vindeiro ano.
| Praza do Hospital |
| Unha rúa de As Pontes |
| CEIP Santa María |
| Mercado municipal |
| Precioso, grande e ben coidado parque |
| Enamorounos este parque |
| Rincóns fermosos do parque |
| Ao fondo, o concello |
| Lagoa artificial |
| Fonte na Praza da Lembranza |
| Paseo ao redor da vila |
| Praza da Lembranza |
| Un paseo ao redor da vila |
| A lagoa ten unha gran riqueza biolóxica con flora e fauna autóctonas |
| A lagoa é un lugar de gran riqueza vexetal e de fauna |
Despois de comer foi cando realizamos as visitas ás fervenzas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario