FERVENZA E MUÍÑOS DE BERMUI OU DAS PAINCEIRAS
Características:
Lonxitude: 2km. aprox. en total
Dificultade: fácil
Ruta lineal sen sinalizar pero que unha vez atopado o punto de inicio non ten perda.
Descripción:
Para visitar esta cascada hai que ir ata o lugar de Bermui que pertence á parroquia de Ribadeume. Neste cruce, pillar cara a Pena do Traste:
Logo duns 200m. pillar á dereita:
Deseguida, o camiño pasa a ser de pedra pero o coche chega ben ;xusto ata que deseguida aparece esta sinal, a única que existe da ruta:
Nós chegamos grazas ao google maps. Segundo este, a ruta empeza AQUÍ
Baixamos por este ancho camiño:
Imos por un cómodo e practicable sendeiro:
Vemos bastante cerca a gran masa forestal autóctona das Fragas do Eume:
E xa chegamos á fervenza xunto á que hai outro muíño de auga:
A fervenza de Bermui ou das Painceiras é ben fermosa:
Baixada ata a base da fervenza:
A fervenza está nun lugar case máxico e podemos imaxinar como serían aqueles tempos nos que a xente viña ata aquí para moer o gran.
Voltaremos ao punto do inicio polo memo sitio por onde viñemos.
FERVENZAS DE SOMEDE
Características:
Lonxitude:3,5 km. en total
Dificultade: media
Ruta lineal sen sinalizar. Unha vez atopado o punto de inicio case é imposible perderse.
Descripción:
Para facer esta ruta, collemos a carretera que vai dende As Pontes a Ortigueira e tomamos o desvío cara a Somede e despois de pasar Aldea de Arriba, logo da última casa, atopamos estas laxas con este sinal que é o único da ruta:
O inicio da ruta, AQUÍ
Imos por este carreiro:
E xa chegamos deseguida ao regato de Semedo ou regato dos Campos
Seguimos baixando ao carón do río. ATENCIÓN: esta ruta non serve para quen non estea acostumado a andar por estes sitios húmidos e empinados. É aconsellable levar bastóns de sendeirismo e calzado axeitado. É moi doado esvarar e, nalgúns tramos, o sendeiro pasa moi preto de precipicios. Pódese facer, nós fixémolo pero con moita precaución.
Agora, a 2ª fervenza. Todas elas están seguidas unhas de outras:
3ª fervenza:
4ª fervenza:
Despois de ver estas preciosidades no medio dun bosque de ribeira autóctono, volvemos sobre os nosos pasos ao lugar de inicio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario