sábado, 24 de xullo de 2021

SANTIANES (PRAVIA)

 Despois de estar en Somao:

Rutas de sendeirismo: SOMAO (ASTURIAS)

E na vila de Pravia:

Rutas de sendeirismo: PRAVIA

Imos agora ata outra parroquia deste concello que non se debe de deixar de visitar por dous motivos principales:

- Aquí está a igrexa prerrománica máis antiga de Asturias.

- Tamén está "El rincón de las aves" unha colección privada de aves e plantas.

O primeiro que atopamos ao chegar é a igrexa prerrománica de S. Juan que mandaron construir os reis Silo e a súa muller, Adosinda (esta era neta do rei Pelayo) entre os anos 774 e 783. Mandaron construir esta igrexa ao traladar para Santianes a capital do reino astur dende Cangas de Onís co fin de que lles servise de panteón real e como igrexa do seu pazo do que se descoñece a ubicación. Estes reis están enterrados nesta igrexa.

Igrexa prerrománica de S. Juan


A igrexa, de planta basilical con tres naves, permaneceu intacta ata o S. XVI pero nos séculos XVII e XIX sufríu profundas tranformacións. No S. XIX descubríronse importantes restos da igrexa primitiva. No S. XX tamén houbo exacvacións que sacaron á luz importantes elementos como un fragmento da pedra fundacional cunha inscripción laberíntica, unha la´pida cunha talla dun pazo e un candelabro de cobre. Estas pezas expóñense no museo prerrománico que está preto da igraxa e que tamén se pode visitar.
Igrexa prerrománica de S Juan

A case 1km. de aquí, está "El rincón de las aves". Podemos deixar o coche aparcado aquí, xunto á igrexa e ir andando ou ben levar o coche xa que alí hai aparcamento; eso sí, as rúas son moi estreitas!
El rincón de las aves é un lugar creado no ano 1969 por unha familia (Carmen e Ceferino) amante das aves e que empezaron con tres parellas e hoxe teñen máis de 110 especies que dificilmente poderás ver xuntas noutros sitios.
Faisáns, perdices, paspallás, tórtolas, cegoñas, grúas, parrulos, pitas do monte, mouchos, loros, paxaros exóticos...e ata tartarugas, peixes e ras podemos ver neste lugar que tamén conta con máis de 400 variedades de plantas, arbustos e árbores.
Aínda que personalmente non me gustou ver os animais encerrados en gaiolas, vale a pena a visita polos rincóns máxicos que ten e polas plantas e árbores. Todo ben coidado e con carteles identificativos no caso dos animais. A entrada custa para adultos 5€.

Fotos de "El Rincón de las Aves"
A entrada

O moucho

Guacamaio

Aspecto do percorrido

Non faltan os detalles




Tartarugas

Fermosos rincóns



Grúas

As cegoñas




Os parrulos






Ningún comentario:

Publicar un comentario