Despois de dedicar a mañá a visitar a cidade de Betanzos, dedicamos a tarde a realizar dúas rutas de sendeirismo curtas e sen necesidade de mover o coche de sitio xa que as dúas parten da mesma cidade.
A 1ª que realizamos foi a ruta fluvial dos Caneiros (Un caneiro é a canle dunha presa na que se colocan redes para pescar)
É unha ruta curta, de pouco máis de 6km. ida e volta e moi fácil de percorrer entre árbores e vexetación de ribeira. O primeiro tramo de 1,5km. aprox é por asfalto e logo transcorre por un sendeiro ás beiras do río Mandeo. Remata no Campo de Os Caneioros onde se celebra unha afamada festa en agosto.
A ruta en Wikiloc:
Características:
- Lonxitude: 5,6km.
- Difiultade: fácil
- Ruta lineal sinalizada coas raias branco e vermello.
Descripción:
A ruta oficial sae dende a Ponte Vella de Betanzos. Non hai ningún cartel sinalizador do comenzo. Postos no remate da ponte, para entrar pola Porta desta Ponte Vella, collemos á esquerda a carón do convento das Agostinas Recoletas. Nós empezamos un pouco máis adiante e logo rematamos aquí.
Empezando a ruta con estas vistas:
Ao principio imos vendo o río Mandeo e as sombras son abundantes:
Despois o río desaparece. A estrada é tranquila (non cruzamos ningún coche) e con moitas árbores ás beiras:
Despois de 1,2km. abandonamos o asfalto e imos por un sendeiro cunha barandilla de madeira:
O carreiro á beira do río é moi relaxante:
Imos sempre entre o verde:
Chegamos ao Campo dos Caneiros. Ata aquí se dirixen os betanceiros e xente chegada de toda Galicia no mes de agosto como parte da celebración do S. Roque. Chegan a este Campo de diversas formas: andando por onde viñemos nós, en coche ou en barca que engalanan para esta ocasión. As mesmas barcas están preparadas con mesas e sillas para poder comer a bordo.
Xa de volta, polo mesmo sitio da ida, vemos o tranquilo río Mandeo e, ao lonxe, Betanzos.
Demos un pequen rodeo para chegar á Ponte Vella:
A Ponte Vella, onde oficialmente empeza e remata esta ruta.
RUTA DOS MUÍÑOS DE PELAMIOS
Esta ruta de moi baixa dificultade e moi curtiña, é moi pouco coñecida , non está nada promocionada e non foi doado atopala.
Caraña é un barrio de Betanzos dividido en tres partes: Caraña de Abaixo, Caraña do Medio e Caraña de Arriba.
O río Pelamios foi o que deu no pasado vida a este barrio porque na Idade Media concentráronse nesta zona gremios de artesán e comerciantes pola súa proximidade á Ponte Vella e ao antigo Porto de Betanzos, cando a este chegaba o mar. Precisamente o nome de Pelamios vén de os tanques onde se mergullaban as peles en auga e cal para abrandalas e retirarlles o pelo. Este traballo era realizado na fábrica de encurtido que logo veremos.
Esta sinxela ruta é todo un aprendizaxe sobre a vida na época medieval e así veremos moitos elementos etnográficos: muíños, antigas fábricas, lavadoiros, pontes, fontes...
Características:
Loxitude: 2,2 km en total. Non estou segura de que a fixéramos toda xa que vin outros sitios onde se vían máis fontes que nós non vimos. Demos a volta cando nos parecía que non se podía seguir pero ao mellor había que seguir algo máis.
Dificultade: Baixa
Ruta lineal con sinalización algo deficiente.
Descripción:
A ruta parte dende a Ponte de Madeira de Betanzos. Hai que cruzala e pasar ao pé do parque infantil pillando á esquerda:
|
Ponte de madeira |
Ao cruzar a Ponte, atopamos estes cubos que amosan por unha cara as letras co nome de Betanzos e polas outras amosan imaxes de celebracións na cidade como a Festa dos Caneiros, a solta do globo...etc
Camiñamos entre estes muros de pedra vendo colgar das ladeiras cercanas as vides. Non esquezamos que Betanzos é terra de viño dende moi antigo.
Nesta pequena ruta veremos sobre todo muíños, a maioría en ruínas. Vemos tamén un monolito indicando o trazado da ruta con 10 muíños.
|
Muíño do Tarabelo |
Esta era a fábrica de curtido das peles. Para abrandar a pel metíase no río varios días nuns pozos chamados Pelamios que deron nome ao río.
E esta era a de secado:
Unha vista xeral de Caraña de Abaixo:
Coa súa fonte:
Imos por Caraña de Abaixo. O espazo era aproveitado para as fincas, só quedaba o xusto para que collese un carro.
Os restos doutro muíño:
|
Muíño de Beccaría |
Unha casa labrega:
Vemos as moas para moer o gran:
Máis muíños
|
Muíños da Rañada |
Pasamos por este pasadizo no que poderemos contemplar un tradicional carro galego:
Un fermoso rincón do paseo:
Un río ben pequeno pero de gran importancia no pasado:
Unha moa aproveitada como mesa e os típicos balcóns de madeira:Restos dun pasado moi presente:
Nós demos a volta cando nos pareceu que a ruta non tiña obxecto de seguir pero noutras publicacións vemos elementos que nós non vimos que deben quedar algo máis adiante,en Caraña de Arriba. A ruta debería estar mellor sinalizada pois ademais de non saber moi ben cando dar a volta, hai momentos en que se dubida por onde seguir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario