Hoxe tamén pateamos, pero non por unha ruta de sendeirismo propiamente dita, hoxe pateamos rúas que é a mellor maneira de coñecer calquera lugar e tamén descubrimos dúas rutas de sendeirismo que deixamos para percorrer outro día xa que hoxe non deu tempo a máis.
Pravia non queda moi lonxe da Mariña lucense (1h, 15min.) e para mín era unha vila descoñecida que ten moitos atractivos que ofrecer: as súas casas de indianos (especialmente na parroquia de Somao) os monumentos históricos civís e relixiosos entre estes últimos destaca unha xoia do prerrománico (a igrexa de S. Juan en Santianes), a Casa das Aves tamén en Santianes...
De Somao, xa hai unha ampla entrada no blog:
Rutas de sendeirismo: SOMAO (ASTURIAS)
Agora imos falar da vila de Pravia. Despois de visitar Somao, en 11km. xa chegamos a Pravia. Esta localidade foi "villa y corte" da monarquía asturiana e segue conservando un aire rexio e monumental.
Esta zona está bañada por tres importantes ríos: a Nalón, o Narcea e o Aranguín, ríos salmoneiros e troiteiros que ademais forman ricas veigas.
Según entramos en Pravia, xa nos chaman a atención os seus edificios, tan señoriais situados na rúa de S. Antonio ao pé da Praza de Sabino Moutas.
Fernando Arango Queipo, bispo de Tui e natural de Pravia foi un grande benefactor desta vila e promoveu no S XVIII a construcción do maxestuoso conxunto barroco da Praza chamada de Sabino Moutas.
En 1º termo estatua do rei Silo |
Unha colexiata é unha igrexa na que se celebra culto como nas catedrais pero non é sede de bispo. Tiña abades e coengos. No 1887, esta colexiata pasou a ser considerada igrexa parroquial.
Casa dos coengos |
Tamén visitamos a Capilla del Valle que algúns autores remontan ata o S. XI. Alberga un dos maiores tesouros renencentistas de Asturias: a imaxe da Virxe do Val, patrona de Pravia nun retablo realizado en terracota cocida e policromada.
E chegamos agora á parte máis antiga de Pravia, na Praza Marquesa de Casa Valdés. Chámanos a atención esta fonte con 6 canos representando as 6 vilas próximas: Soto del Barco, Muros de Nalón, Cudillero, Candamo, Salas e Pravia.
Fonte dos seis canos |
Edificio que alberga o concello |
A seguinte é a "Casa del Busto" do S. XVI, hoxe reconvertida en hotel:
Casa del Busto |
Casa da marquesa de Valdés |
Por último, nesta vila vimos a antiga azucreira que forma parte do patrimonio industrial. Levantouse no ano 1899. Estaba equipada con moderna maquinaria e nacía coa esperanza de medrar rápido grazas ao cultivo de remolacha azucreira nos concellos veciños pero en 1903 tivo que pechar ao non poder superar a forte competencia, o reducido mercado e os elevados costes de producción.
Antiga Azucreira |
Ningún comentario:
Publicar un comentario