Ribeira de Piquín é un concello da provincia de Lugo que pertence á comarca de Meira. No ano 2018 contaba con 543 habitantes habitantes e pertenceu a Asturias ata o ano 1833. É un municipio eminentemente rural e a súa capital é O Chao de Pousadoiro.
E ata O Chao de Pousadoiro temos que ir para realizar esta ruta fluvial á beira do río Eo dentro da Reserva da Biosfera Oscos Eo Terras de Burón e da Rede Natura 2000
Esta é a ruta en WIKILOC (copiada de "Caminando entre Senderos")
Características da ruta
Lonxitude: 9,5 km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal ben sinalizada
Descripción
A ruta empeza na área recreativa de O Chao de Pousadoiro. Pincha AQUÍ:
Empezamos atravesando as Veigas de Pousadoiro, terreos fértiles a carón do río:
Camiñamos deixando o Eo á esquerda:
Subimos e baixamos escaleiras:
E fomos moitas veces moi pegadiños ao río:
Unha pequeña subida pero non ten ninguna dificultade!
Pasarela do Colado de Lamas, una ponte colgante rodeada dunha impresionante paisaxe:
E chegamos ao Muíño de García construido en 1892 por José García López como forma que tiñan naquela época de aproveitar a auga. No ano 1930 foi reformado para subministrar enerxía eléctrica a varios nucleos de R. de Piquín.
Aquí remata a ruta. Queda dar a volta por onde viñeramos e estes prados están xa case chegando de volta a O Chao de Pousadoiro:
Estamos de novo na área recreativa e piscina fluvial da vila:
Un habitante ilustre desta vila foi Xosé Manuel Seivane Rivas, patriarca dunha familia de artesanos e músicos do mundo da gaita. A coñecida gaiteira Susana Seivane é neta deste home.
Rematamos cun xantar na coñecida "Casa Horacio" no Chao de Pousadoiro. Moi recomendable polo bo trato recibido e por una comida caseira de calidade a un prezo imbatible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario