Unha vez máis nos transladamos aos Oscos , desta vez ao concello que nos faltaba por visitar para facer unha ruta: S. Martín. Empezamos por Santa Eulalia no que xa fixemos dúas rutas, seguimos con Villanueva no que fixemos unha e agora imos realizar a ruta Senda Verde en S. Martín de Oscos.
A Reserva da Biosfera Oscos- Eo Terras de Burón foi declarada como tal no 2007 e ocupa unha extensión de 159.379 ha das que 496 corresponden á zona marítima.
A reserva ocupa 14 municipios: 7 en Galicia e 7 en Asturias e nela podemos desfrutar de moitas rutas de sendeirismo fluviales, marítimas e de montaña de gran riqueza paisaxística e etográfica.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 7,5 km.
Dificultade: baixa
Ruta circular ben sinalizada.
DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza na mesma vila de S. Martín, na carretera As-13 frente ao edificio onde está a oficina de información turística da vila.
A ubicación, AQUÍ
O track da ruta AQUÍ
Subimos cara á Bouza:
Cruzamos esta ponte sobre un regato:
A paisaxe empeza a abrirse porque xa estamos máis altos:
As vistas, impresionantes!!
Paramos a descansar e comer algo:
Comemos en Santa Eulalia de Oscos e paseamos por esta fermosa vila:
Ningún comentario:
Publicar un comentario