mércores, 13 de maio de 2020

RUTA MORGALLÓN RÍO SOR (O VICEDO) PR-G8





Por 2ª vez imos ata o concello de O Vicedo para facer outra ruta . Esta é unha fermosa ruta fluvial ás beiras do río Sor seguindo un camiño de pescadores. É curta e moi fácil.


Características:

Lonxitude: 9,3 km.
Dificultade: baixa
Ruta circular ben sinalizada.

Descripción:
A ruta empeza na aldea de O Morgallón. A ubicación AQUÍ

Hai unha esplanada para deixar os coches

Empezamos un pequeno tramo por carretera (uns 300m)

O Morgallón

Ata a ponte que cruza o río:

Imos adentrarnos na parte máis fermosa da ruta, ás beiras do río Sor:



Unha presa de retención:

Como era o mes de novembro, atopamos cogomelos:
O telesilla para cruzar o río:
Os pescadores cruzaban o río no telesilla

O río Sor é fronteira natural entre as provincias de Lugo e A Coruña
E chegamos a Ponte Ulló:


Descansamos un pouco na área recreativa de Ponte Ulló:



Dende aquí, voltamos por carretera ata O Morgallón.







Ningún comentario:

Publicar un comentario