O concello de Muras habilitou unha nova ruta de sendeirismo no 2016. Unha ruta fácil e moi fermosa que ten o aliciente engadido de que boa parte dela discorre pola marabillosa Serra do Xistral.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 9,2km.
Dificultade: fácil
Ruta circular ben sinalizada.
DESCRIPCIÓN
Imos ata a aldea de O Viveiró, no concello de Muras. O Viveiró é unha pequena aldea que no 2016 contaba con 92 habitantes e que se fixo moi famosa a raíz da archicoñecida "Casa Cándida" pola abundancia de comida e o prezo económico da mesma.
Dende a plaza desta aldea parte a nosa ruta:
Os primeiros 4 km. son por asfalto:
Ata chegar á aldea de O Coruxo:
Aldea de O Coruxo que só ten tres habitantes:
O lavadeiro que antiguamente había en tódalas aldeas |
Descansando un pouco:
A ponte dos Coruxos
A partires de aquí empeza o tramo máis fermoso da ruta. Imos meternos nunha carballeira:
A partires de aquí cambia a paisaxe: estamos en A Xurrosa:
Xa temos vistas abertas á Serra do Xistral:
E chegamos de novo a O Viveiró:
Comemos en Muras xa que aínda que pretendemos facelo en Casa Cándida, como era 12 de outubro había que reservar un mes antes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario