Imos, nesta ocasión, ao concello de Alfoz para desfrutar dunha moi interesante e diferente ruta que oficialmente e tal como aparece na páxina web do concello ten 18km.apro.(solo ida) porque parte do Castelo de Castro de Ouro, pasa por varias parroquias, case todo por asfalto ata chegar á Pena Abaladoira.
A nós non nos convencía nada este xeito de facela: por asfalto e con subida larga e forte ata chegar á S. do Xistral polo que fixemos outra ruta que agora tamén está homologada e sinalizada e que une dous paraxes ben significativos do concello: a Pedra Abaladoira e a Fervenza do Escouridal acondicionada recentemente. E para facela máis fácil partimos de arriba para abaixo. A ruta é lineal e deixamos un coche na Fervenza.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA.
Lonxitude: 8km.
Dificultade : baixa
Ruta lineal con mala sinalización nalgúns tramos.
DESCRIPCIÓN:
Partimos polo tanto de plena Serra do Xistral onde está o panel da ruta (na carretera LU-P-0101)
A ubicación do comenzo da ruta, AQUÍ
A Serra do Xistral, moi cerca do mar Cantábrico, ten unha altura moderada pero a entrada de vento e de nubes procedentes do Cantábrico fan que o entorno desta Serra sexa un lugar inhóspito e duro para vivir. A paisaxe que aquí encotramos lembra ás montañas do norte de Inglaterra e de Escandinavia: grandes turbeiras envoltas moitas vece pola néboa onde non vive ningún ser humano. Só cabalos e vacas pastan aquí en total liberdade. O vento é moi aproveitado e actualmente hai multitude de xeradores eólicos. As aldeas máis próximas sitúanse varios km. máis abaixo , a menor altitude onde as temperaturas son máis benignas.
Serra do Xistral |
En plena Serra do Xistral empeza a ruta |
A ruta é sinxela empezando na S. do Xistral: imos baixar sempre.
Pisando as turbeiras |
A Pena Abaladoira |
As grandes rochas predominan no primeiro tramo da ruta:
O sendeire descende suavemente:Podemos ver a costa Cantábrica incluido o mar:
O camiño, de momento, está ben sinalizado:
Vemos unha vagoada. Único lugar onde medran árbores:
Hai que atravesar o rego:
O gando en liberdade:
Seguimos baixando:
Aquí atopamos o camiño pechado con arames(para que o gando non escape) Hai que apartar os postes para poder pasar:
Xa estamos no val. A paisaxe cambiou por completo:
Chegamos a un cruce: collemos á dereita.
Imos por esta carretera uns 50m:
E collemos este carreiro ancho:
Que ao pouco se vai estreitando:
Chegamos a outo cruce e aquí pillamos á esquerda:
Aparece agora unha paisaxe máis aberta:
Na aldea de Faián:
E MOITA ATENCIÓN a este cruce que pode levar a engano. Se collemos á dereita imos directamente ao paking sen pasar pola fervenza do Escouridal. Para ir directamente á fervenza, collemos á esquerda:
Se queremos ir á fervenza, non podemos ir ao inicio de ruta. Despois volveremos pasar por aquí |
Coller cara arriba, á esquerda!! Non hai que seguir esta carretera ata esas edificacións de ladrillo, antes collemos un camiño que baixa á dereita: |
Frente ao cruceiro da Caxigueira, collemos o camiño:
Vemos ao lonxe a aldea pola que non pasamos:
Chegando á Fervenza do Escouridal. Xa podemos vela:Baixando á fervenza:
A partires de aquí, voltamos pola pista por onde viñeramos e chegaremos a onde deixaramos os coches (uns 2km. aprox.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario