sábado, 9 de maio de 2020

BRAÑA DE MUMIÁN (SOMIEDO) PR-AS-11

Desplazámonos ata Pola de Somiedo en Asturias para realizar esta fermosa ruta que ademais desfrutamos con neve.
Dentro do Parque Natural de Somiedo, Reserva da Biosfera, atopamos esta ruta da Braña de Mumián.
Que é unha braña? Unha braña é un lugar de alta montaña onde pastaba o gando. As brañas son o resultado da explotación dos pastos de altura. Para facer máis eficaz ese uso gandeiro, construíronse cabanas que acollían ao brañeiro e ao seu gando. Son moi típicas en Asturias e as de máis encanto son as de Somiedo polo número delas que hai, pola súa beleza e o estado de conservación.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 6´5 km. en total.
Dificultade: baixa (só fixemos ata Mumián)
Ruta lineal ben sinalizada.
A miña calificación desta ruta:🔆🔆🔆🔆 Volvería repetila? si, sen dúbida (A miña intención é repetir esta ruta sen neve e chegando ata Pola de Somiedo)

DESCRIPCIÓN:
Dende Pola de Somiedo, collemos a carretera  As-227 que vai ao Porto, despois de pasar a aldea de Caunedo, tomamos un desvío á esquerda que nos leva ata O Llamardal que é onde comenza a ruta.
Temos que aparcar uns 500m. antes da aldea. 
A ubicación do inicio da ruta, AQUÍ:
Moi felices porque hai neve

Empezando a ruta
Marabillosas vistas ao Val de Somiedo:

Imos pola ladeira da Pena Gúa:

Dende o mirador "Cantu Mostachal", temos estas vistas:
A ruta vai  a media montaña:

Aló abaixo vemos Pola de somiedo:


Nas fotos parece que o sendeiro é perigoso pero  é o encadre da mesma. A ruta non presenta ningún perigo.

Chegando xa á braña, había máis neve:

Aquí está a braña de Mumián:
Coas súas cabanas:

Quedaba algún sitio onde nos poidemos sentar a tomar o noso tentempié habitual:

 A ruta oficial continuaría cunha baixada importante en zig zag cara ao bosque de faias "La Enramada" e despois seguiriamos baixando aínda nunha máis forte baixada á aldea de Buenamadre. Sería o que fariamos de ter aí outro coche pero como non era así e a ruta é lineal, demos a volta dende Mumián.
Pola de Somiedo, onde comemos:


Ningún comentario:

Publicar un comentario