Esta ruta é a 2ª que facemos no concello de A Pontenova despois da fraga das Reigadas que tanto nos gustara. E esta tampouco defrauda pois ten de todo: paisaxes bucólicos á beira do río, muíños, pontes, árbores autóctonas, aldeas recónditas e fervenzas espectaculares.
A ruta é oficialmente lineal e empezaría en Vilarxubín pero sería demasiado curta e entón fixémola case circular, deixando un coche no Machuco.
O Machuco está AQUÍ:
Despois de deixar aí un coche fomos ata a aldea de Sanxés e alí empezamos a ruta:
Sanxés está AQUÍ:
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 11 km.
Dificultade. media-baixa
Ruta circular ben sinalizada.
DESCRIPCIÓN:
Partimos pois de Sanxés,aldea ben conservada coas súas casas de pedra e tellados de lousa:
Un precioso día e un mar de nubes |
Uns 50m. por carretera e onde están aquelas dúas persoas, á esquerda |
Empezamos por un camiño ancho |
E seguimos vendo un mar de nubes porque estamos altos:
Chegamos á Pena do Castelo onde debe estar enterrado un home chamado Paco: " Aquí descansa Paco, amante desta paraxe pola súa natureza, fermosura e paz. Sempre estarás con nós" di a placa.
O sendeiro estréitase e agora baixamos cara ao río:
Chegamos ao río e vemos muíños no medio dunha paisaxe espectacular, moi húmida con moito musgo:
Agora temos que ascender:
E chegamos á seimeira:
Ascendemos algo máis ata que se abre xa a paisaxe:
E chegamos á aldea de Vilarxubín de gran valor etnográfico coas súas casas de pedra, portas e fiestras de madeira, cos seus hórreos...Estivemos falando cun dos seus escasos habitantes:
As casas de pedra |
Os cabozos |
Outro cabozo |
A súa igrexa |
Outra vista de Vilarxubín |
Falando cun paisano da aldea |
E outro cabozo, xa máis semellante aos asturianos |
Saíndo de Vilaxubín, atopamos este trasniño:
Agora imos por unha pista ancha:
E volvemos baixar ao río:
A partires de aquí, a ruta coincide coa da Fraga das Reigadas. A ruta non pode ser máis fermosa!!
Chegamos á ferraría de Bogo xa case rematando a ruta. Esta ferraría, alimentada polo río Reigadas, data do S XVI e funcionou ata o S.XVIII, cando foi destruida por un incendio. Consta de un encoro, unha fervenza, un muíño artesanal, un mazo e unha central eléctrica.
O Machuco onde tiñamos o coche está moi preto. Aquí hai un aloxamento de turismo rural: "Casa Fidalgo":
Para rematar, fomos xantar á Pontenova:
Ningún comentario:
Publicar un comentario