En novembro de 2015 o noso pequeno grupo volveu aos Oscos e é que estas terras téñennos namorados!! Pertencen á Reserva da Biosfera con nome de Oscos Eo Terras de Burón e as rutas de sendeirismo que teñen son espectaculares.
Desta vez fomos ao concello de Villanueva de Oscos para facer a ruta del silencio chamada así porque pasa por aldeas abandonadas e frondosos bosques onde só se escoitan de fondo os sons da natureza. Hai silencio total!!
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 12km.
Dificultade: Media
Ruta circular ben sinalizada
DESCRIPCIÓN DA RUTA:
Esta ruta empeza e remata na aldea semiabandonada de S. Cristobal a 750m de altitude e a 3km. de Villanueva.
Ubicación de S. Cristobal
Aparcamos na praza da vila:
Hai unha parte restaurada |
E outra parte abandonada |
Estamos altos e vemos o mar de nubes:
Iniciamos un curto pero forte descenso cara ao río Ahío ou Bobia por un bosque precioso:
Chegamos ao río Ahío e cruzámolo por unha ponte de pedra:
Deseguida collemos un sendeiro nunha zigzagueante subida que nos alonxa do río. No medio, paramos a descansar:
Que veríamos aló ao lonxe? |
Despois de subir ata 600m. de altura, chegamos á aldea abandonada de Mourelle. Aquí non chega ningunha carretera, a vida sería difícil.
Fomos atopando froitos no camiño:
E como xa estábamos moi altos, vemos espectaculares panorámicas do Val da Serra da Bobia
Continuamos agora por unha pista forestal algo pedragosa en dirección ao Pico Balongo. A costa, a algunhas faisenos algo dura, menos mal que é curta( 1,5km aprx.)
Xa no Pico Balongo:
Vistas dende o Pico Balongo:
Despois deste pico, a ruta vai subindo e baixando ata chegar a Brusquete, outra aldea abandonada. Todo é silencio...
Levamos andado 8km.
Iniciamos agora un descenso moi pronunciado, cara á cascada de Celón.
O descenso é tan acusado que ata puxeron cordas para agarrarse. Hai que baixar con moito coidado pero aínda así, algunha do grupo levou máis dunha cuada sen consecuencias.
Cruzamos esta ponte:
E para ir á cascada de Celón temos que desviarnos da ruta 300 m. pero vale moito a pena:
Na cascada. O sendeirismo produce este sorriso feliz |
No precioso sendeiro que leva á cascada |
Unha vez visitada a fervenza, retrocedemos e tomamos de novo a ruta que nos vai levar de novo a S. cristobal pasando polo muíño da Bobia:
Agora ascendemos fortemente ata chegar de novo a S. Cristobal. Collemos os coches e dixímonos a Villanueva para comer en Casa Perales
E ao rematar, demos un paseíño pola vila:
Ningún comentario:
Publicar un comentario