xoves, 23 de abril de 2020

RUTA DA CUBELA PR-G 180 RIBAS DE SIL



A ruta da Cubela é unha das máis fermosas da Ribeira Sacra . Metade da ruta trascorre ás beiras do Sil e a outra metade por zonas máis elevadas, con bosques autóctonos.
Durante o percorrido veremos pequenas aldeas, case todas en estado de abandono, soutos centenarios, o meandro que forma o Sil na Cubela, as terrazas con vides...

LONXITUDE. 13,5km.
Dificultade: media
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN DA RUTA:
Esta ruta empeza e acaba en Castro de Abaixo,(zona de Augasmestas) aldea que pertence ao concello de Ribas do Sil (provincia de Lugo). 
 A ruta empeza e acaba AQUÍ

Ao ser circular, podemos ir cara á Cubela ao subir ou ao baixar, nós escollemos que a veriamos ao baixar porque a subida dende A Cubela ata Torbeo  é bastante máis complicada.

Iniciando a ruta en Castro de Abaixo:



Ao pouco atopamos cereixas. Moitaaaas!!!!



Seguimos camiñando por unha estreita senda de castiñeiros e vendo o Sil:

Casas abandonadas e unha gran fusión de árbores: castiñeiros,madroños, carballos, arces...


 A frondosidade do bosque:

Agora vemos as ladeiras do concello de Pobra do Brollón e as terrazas onde se cultivan as vides:

Imos subindo e temos vistas espectaculares:

E chegamos a Torbeo, o punto máis alto desta ruta:


Coa súa igrexa románica:

Moi cerca de aquí, atopamos un bar de aldea, pero moito de aldea!!! Chegabamos sudorosos e deseando sentarnos e tomar algo. Atendeunos un matrimonio nunha terraciña e tratounos de marabilla. Botamos con eles unhas risas!!:



Despois de refrescarnos e estar un bo cacho de parola, reanudamos a ruta e empezamos a baixar (imos baixar 300m. en só 3 km.)


Aló embaixo vemos o Sil e a aldea de A Cubela, dende o mirador de Louxá:

E vemos o coñecido meandro do río Sil:

Ao lonxe, a aldea de A Cubela:

O meandro, máis cerca:

E chegamos á Cubela. Esta fermosa e recóndita aldea que tranmite unha gran paz e onde non vimos a ninguén, foi sometida hai anos a un plan de restauración integral e conserva un interesante conxunto de arquitectura tradicional.

Nesta aldea comemos uns bocatas e continuamos a ruta agora pegadiños ao Sil:



O sendeiro pegado ao río é moi fermoso:


 E así fomos chegando outra vez a Castro de Abaixo.

A ruta en wikiloc, AQUÍ

Ningún comentario:

Publicar un comentario