venres, 24 de abril de 2020

RUTA DOS PINTORES. A FONSAGRADA

En xaneiro de 2016 volvemos a Fonsagrada a facer a 2ª ruta por estas terras que tanto nos gustan.
Esta sinxela ruta é chamada "Ruta dos Pintores" en honor a dous pintores desta zona que gozan de prestixio; pasaremos polas súas aldeas natais e percorreremos magníficos bosques autóctonos.

Situación de A Fonsagrada nun mapa de Galicia:


CARACTERÍSTICAS DA RUTA
Lonxitude: 11,5km.
Dificultade: Media-baixa
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza na aldea de A Trousa(cruce de O Relaio) Para localizar esta aldea, pincha AQUÍ




O camiño empeza sendo ancho e cómodo en lixeiro descenso entre castiñeiros e carballos:


Por unha pasarela de madeira cruzamos o río Ferraría:

Castiñeiros centenarios nos acompañan:

Ata chegar á igrexa de Santa Mª de Allonca, inmersa en plena fraga:


Continuamos por un estreito sendeiro descendente no medio da fraga que agora no inverno aparece desnuda:





Hai musgo pola humidade(O río está preto)


Chegamos á beira do río Allonca coa súa ponte e co seu muíño e a vivenda do miñeiro anexa. Cantas historias gardarán estas encantadoras paraxes!!:

A casa do muiñeiro:


Agora empezamos a ascender e chegamos á aldea de Allonquiña onde parece que non vive ninguén e á que non chega ningún acceso por carretera. Nesta aldea naceu o pintor Miguel López Monteseirín.


E chegamos á capela de A Allonquiña:

Agora imos costa  arriba pero o camiño é cómodo:

Para subir a Pántaras o camiño segue a ascender. Nesta aldea naceu o outro pintor que dá nome á ruta: Benxamín Vázquez:


Pántaras
Un descenso pola fraga lévanos á carretera pola que voltamos aos coches.

Rematamos cun xantar no restaurante "Manaia sea ela" na Fonsagrada:


Ningún comentario:

Publicar un comentario