O Camiño Natural da Ruta do Cantábrico é unha iniciativa que emprendeu no ano 1993 o Ministerio de Agricultura, Pesca , Alimentación e Medio Ambiente dentro do programa "Caminos Naturales", ao longo de toda España.
O Camiño Natural da Ruta do Cantábrico, ten máis de 150 kilómetros. O seu percorrido permite visitar vilas mariñeiras como Ribadeo, Foz, Burela...e desfrutar de tódalas praias bañadas polo mar Cantábrico.
Está dividido oficialmente en 7 etapas. Nós realizamos a primeira en dúas veces:
Ribadeo-Rinlo e Rinlo -Reinante
Hoxe e, debido ás restriccións pola pandemia actual, realicei eu soa o tramo Praia de Arealonga - praia de Anguieira no concello de Barreiros dentro xa da 2ª etapa oficial.
Características da ruta:
Lonxitude: 8,8 km.
Dificultade: nula
Ruta lineal perfectamente sinalizada.O meu track en WIKILOC
Neste tramo eu destaco a inmensa cantidade de praias que vemos.
Descripción:
Saín da praia de Arealonga que como o seu nome indica, é longa: case 1 km. de lonxitude. Esta praia limita coa das Catedrais e atópase entre as parroquias de Reinante e S. Miguel, estamos xa no concello de Barreiros.
Praia de Arealonga:
 |
Praia de Arealonga |
Aquí o camiño vai durante case 1km. pegado á carretera:
Pareceume moi interesante este cartel. Moita xente sente noxo das olgas cando só son plantas.
Esta é unha zona na que moita xente, sobre todo da cidade de Lugo, ten aquí a súa 2ª residencia para veranear. Estamos en decembro, a maioría das casas están pechadas.
Dende aquí pódese apreciar ben o longa que esta praia:
Un rincón que me chamou a atención:
Deseguida atopei a Punta do Castro: nesta península houbo un Castro que actualmente só conta cunha muralla e un foso. Nos anos 90 do S. XX levouse a cabo unha exploración da súa superficie e atopáronse diversos obxectos de bronce e restos cerámicos.
A seguinte é a praia de As Pasadas, xa na parroquia de S. Miguel. Está resgardada por cantís. Está declarada Lugar de Interese Comunitario, ao igual que a anterior de Arealonga.
 |
Praia As Pasadas |
E a continuación temos Punta Corveira, unha prolongación da praia de Lóngara á que se pode ir con mascota dende o 2017
 |
Punta Corveira, prolongación da praia de Lóngara |
A praia de Lóngara mide aprox. 800m.
 |
Praia de Lóngara. |
A continuación, a Praia de Fontela-Valea con impresionantes formacións rochosas.
 |
Praia de Fontela- Valea

|
Agora o noso camiño é de pedra:
Á nosa esquerda vemos vivendas e máis vivendas nun lugar no que ata hai poucos anos todo eran prados. Nesta época todas están pechadas. No verán, pola contra, esta zona é un bulir de xente.
Uns detalles do Camiño:


Esta é a praia de Coto, magnífica, de case 2km. Nesta praia ían bañarse exclusivamente as mulleres entre 1920 e 1930. |
Praia de Coto |
A continuación, pasamos por unha pequena praia na que a xulgar polo seu nome "Oliñas"
e a figura dunha táboa de surf alí colocada, debe ser un lugar frecuentado por surfistas.
Alguén colocou alí unha silla non sei se para contemplar o mar ou aos surfistas ou ámbalas dúas cousas:
Praia de Oliñas:
Agora o traxecto vai por chan de lousa e segue pegadiño ao mar. As vivendas seguen todas pechadas...
E agora cambiamos a un chan de madeira, algo que particularmente non me gusta nada. En bastantes rutas de sendeirismo á beira de ríos e mares nos atopamos este tipo de chan que se chove (algo que xa sabemos que ocorre con frecuencia na nosa Comunidade) ponse moi perigoso xa que esvara moitísimo coa posible consecuencia de caídas.
Nesta zona, ao longo de todo o litoral só se ven novas construccións:
Ven agora a Praia de Remior, que xa pertence á parroquia de S. Cosme.
Á dereita vemos a chamada Pena da Salsa que separa a praia de Coto desta.
 |
Praia de Remior |
Unha vista do paseo polo que imos e a praia de Acantilado Remior:
As praias sucédense ininterrumpidamente. Agora estamos na de S. Bartolo que debe o seu nome á pequena capela situada moi preto. Esta é unha praia pequena e coa marea chea apenas queda area.
 |
Praia S. Bartolo |
A carón da praia atopamos a capela de S. Bartolo. En tempos pasados, cando aínda Barreiros non estaba inmerso no boom turístico que hoxe ten, ao redor desta capela xuntábase moita xente de toda A Mariña nunha romaría que se celebra o 24 de agosto. Daquela, polos moitos prados que había (hoxe ocupados por casas e máis casas) os romeiros estendían os seus manteis e cestas con comida.
 |
Capela de S. Bartolo |
A caperla queda case camuflada entre as vivendas. Eu recórdoa totalmente solitaria, sen nada ao redor.
Cada vez vemos Foz máis cerca:Chegamos á praia de Altar . Unha praia longa, de 1100m. e que coa marea baixa pode chegar a medir ata 140m. de ancho.
Esta praia debe o seu nome aos sacrificios que en tempos remotos como ofrenda aos deuses tiñan lugar na gran rocha que se atopa no centro. Esta pequena illa chámase "Pena de Altar" e é accesible en baixamar.
Ao pé da Praia de Altar está o restaurante Moby Dick, todo un emblema nos anos oitenta onde se celebraban moitas vodas (entre elas, a miña) Está construido tan encima do mar que no 2023 este provocou grandes desperfectos no edificio que agora permanece pechado.
A praia de Altar vista dende a outra beira.
No punto final da ruta de hoxe agárdanos unha paisaxe de gran beleza conformada pola Ría de Foz e a fermosa praia de Anguieira. Estamos no interior da Ría do Masma , zona de especial protección para as aves(ZEPA)Ría de Foz-Masma, espazo reservado para as aves en perigo de extinción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario