Trátase dunha das máis fermosas rutas da provincia de Lugo. Sitúase dentro da área "Río Eo. O Oscos-Terras de Burón" declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO no ano 2007.
É unha fraga moi ben conservada cunha gran variedade de árbores, fervenzas, muíños, pontes...
Características:
Distancia: 12 km. aprox.
Dificultade: media
Ruta lineal
Descripción
A ruta iniciase na aldea de Barreiros que pertence á parroquia de S. Pedro de Bogo.
Esta aldea sitúase a unha altitude de 800m.polo que baixaremos unha forte pendiente.A ruta iniciase na aldea de Barreiros que pertence á parroquia de S. Pedro de Bogo.
Camiñando á beira do río Reigadas:
Tamén houbo algunha caída:(sen consecuencias)
Tamén atopamos fervenzas:
E muíños:
A fermosura desta ruta. Dá a sensación de que en calquera momento vai aparecer unha fada:
Chegamos á Ferrería de Bogo que foi moi importante no S.XVI e conserva aínda boa parte das súas edificacións en bo estado, nun entorno moi fermoso.
Ferrería de Bogo |
No Machuco, onde se atopa a Casa de Turismo rural Casa Fidalgo demos a ruta por acabada
Oficialmente, a ruta chega ata a aldea de A Ermida que serían uns 4km. máis. Nós decidimos rematala aquí porque o traxecto máis fermoso xa o fixéramos e ademais dende aquí a ruta está sen sinalizar.
Para rematar, comemos no restaurante A Mina na Pontenova.
Para máis información, pincha aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario