martes, 14 de abril de 2020

RUTA DEL ALBA (SOTO DE AGÜES- SOBRESCOBIO) PR.AS62


Estamos ante unha das rutas máis coñecidas de Asturias e non é de estrañar polo fermosa que é e pola marabillosa vila onde está situada: Soto de Agües. A ruta del Alba está dentro do Parque Natural de Redes que é reserva da Biosfera e ademais declarada Monumento Natural.
A ruta del Alba foi fundamentalmente un camiño gandeiro e tamén mineiro, atópase no fondo dun val e transcorre en todo momento á beira do río Alba ou Llaímo. Este camiño une dende tempos inmemoriais os concellos de Sobrescobio e o de Aller.
Nesta ruta abruma a paisaxe, a vexetación pero sobre todo, a auga: nos rápidos do río, nos remansos, nos regatos e pozas, nas fontes...
É unha ruta inesquecible!!

Características:
Lonxitude: 15,5 km. (ida e volta)
Dificultade: Baixa
Ruta lineal ben sinalizada.

Descripción da ruta:
Empezamos no pequeno e fermoso pobo de Soto de Agües que pertence ao concello de Sobrescobio (Asturias)
Soto de Agües

Soto de Agües
Empezamos camiñando sobre formigón:

A ruta está moi ben sinalizada. Despois do 1º km. entramos no comenzo real da ruta.
 A cor verde predomina:


Soto de Agües vai quedando atrás:

A partires dos 2 km. comenza o desfiladeiro, o val empeza a estreitarse e o río vai pegadiño ao camiño.


Un pouco máis adiante, á nosa dereita podemos ver unha formación rochosa en forma de corno que os lugareños chaman "O vixiante":

De aquí en diante, poderemos observar pequenos saltos de auga no río:

Algo máis adiante atopamos unha pintoresca casiña á que se accede por unha ponte de madeira:

Máis adiante atopamos unha área de descanso e unha bifurcación, iremos pola esquerda: 
Auga, moita auga:


Despois da área recreativa acábase o camiño con formigón e empeza un tramo en pendiente pero é suave, lévase moi ben:


Vimos fermosas plantas:

E rústicas escaleiras:

E verde, moito verde:

Despois de case 8km, chegamos a Cruz dos Ríos onde remata a ruta. Aquí comemos nunha pequena área recreativa:


Toca dar a volta polo mesmo camiño pero non nos vai cansar porque estaremos inmersos nesta beleza:

Eu perdín un pañuelo pero outros sendeiristas que pasaran, deixárono aquí :

Ao volver vimos animais:





 E para rematar, xa de volta en Soto de Agües vimos esta casa tan adornada!!

Aquí deixo un vídeo moi curtiño pero que resume á perfección  o fermoso percorrido e vese tamén o que cambia dunha estación a outra. Nós fomos en primavera e a mín gústame moito máis nesa estación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario