Ponte Segade
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
DESCRIPCIÓN:
Ponte Segade é unha área recreativa cunha espléndida carballeira á beira do río Sor. Ten barbacoas, mesas, tobogáns, columpios...todo no medio de exuberantes castiñeiros, carballos, bidueiras que producen unha boa sombra buscada no verán. Cruzando a carretera tamén hai un pequeno bar.
Ao rematar de comer e despois de decansar un pouco, toca baixar
Xa chegando a Ponte Segade de novo:
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude:12 km. aprox. (Ida e volta)
Dificultade: baixa
Ruta lineal. Mal sinalizada nalgún tramo
DESCRIPCIÓN:
O inicio desta ruta está en Ponte Segade, concello de Mañón(A Coruña)
A ubicación AQUÍ:
Empezando a ruta, en Ponte Segade. |
Ademais de camiñar, xogamos coma nenos. |
Na área recreativa de Ponte Segade |
Lugar sensacional para un xantar |
Deixando o río Sor á nosa dereita, iniciamos a ruta que nos primeiros kilómetros é moi doada.
Estes cans acompañáronnos todo o camiño:
Chegamos ao refuxio Salustio e aquí cruzamos o río e estaremos na provincia de Lugo (O río Sor é unha fronteira natural entre Lugo e A Coruña)
A partires de aquí, o camiño sepárase un pouco do río e nós...perdémonos!!
Estes cans acompañáronnos todo o camiño:
Chegamos ao refuxio Salustio e aquí cruzamos o río e estaremos na provincia de Lugo (O río Sor é unha fronteira natural entre Lugo e A Coruña)
Refuxio Salustio |
A partires de aquí, o camiño sepárase un pouco do río e nós...perdémonos!!
Démonos conta que cada vez nos alonxábamos máis do río e eso non nos cadraba! Atravesando polo medio da maleza voltamos ao río (Aquí está a ruta sen sinalizar por eso é fácil perderse. Hai que ter sempre como referencia o río. Sempre temos que ir á súa beira)
O río Seixo precipítase por unha parede de granito dende uns 90 m. de altura sobre o río Sor, formando a fervenza de Augas Caídas.
O río Seixo precipítase por unha parede de granito dende uns 90 m. de altura sobre o río Sor, formando a fervenza de Augas Caídas.
Fervenza de Augas Caídas con moi pouca auga |
Fixemos equilibrios sobre as pedra do río.
A partires de aquí, decidimos subir ata o nacemento da cascada onde hai unha pequena área recreativa e o miradoiro do Couce . Fixémolo a través dun estreito sendeiro en zig zag e cunha forte pendente pero o traxecto é curtiño.

Subindo dende a fervenza E aquí enriba decidimos comer os nosos bocatas.
|
Ao rematar de comer e despois de decansar un pouco, toca baixar
Facendo un alto xa de volta |
Xa chegando a Ponte Segade de novo:
Esta ruta realizouse no ano 2014 . O grupo estaba empezando a camiñar!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario