luns, 13 de abril de 2020

CABO BUSTO (VALDÉS) PR-AS 4

Valdés é un dos concellos máis extensos de Asturias. Xeográficamente ten dous modelos diferentes: a Mariña, integrada por 6 parroquias na zona costeira e 8 parroquias de interior. A capital é Luarca.

Esta ruta vai pola aldea de Busto que pertence á parroquia de Canero.

Características da ruta:
Lonxitude: 7km.
Dificultade: moi baixa











Descripción da ruta:
As palabras que mellor definen esta ruta son : inmensidade, paz...frente a uns cantís que bican o Cantábrico.
Esta ruta circular lévanos a través de fincas agrícolas, piñeirais, bosques de ribeira pero sobre todo á beira duns inmensos cantís.
Empeza na vila de Bustu, dende aquí imos cara ás Escolas (a 500m) xa que aí podemos deixar os coches porque empeza a ruta.
A 300 m. aprox. temos unha preciosa vista dos cantís de Valdés; unha vez desfrutado voltamos ao cruce e xiramos á esquerda para adentrarnos entre pinos e eucaliptos.


O sendeiro segue en chao, entre prados:

Agora, xa á beira do Cantábrico, imos vendo os cantís e recónditas praias:

No km. 4,8 xa estamos en Cabo Busto co seu fermoso faro e o seu mirador.

Un km. máis adiante, o sendeiro continua bordeando os cantís e vemos o Castiellu el Serrón, un pequeno islote.


A partires de aquí o sendeiro comeza a alonxarse da costa e volvemos a Busto.

Como esta rita é moi curtiña e fácil de realizar, sobrounos moito tempo polo que decidimos ir ata Luarca para comer alí. Antes visitamos o seu faro  co seu precioso entorno.




Ningún comentario:

Publicar un comentario