S. Esteban de Gormaz, que conta con apenas 3000 habitantes, é un concello da provincia de Soria declarado Conxunto Histórico Artístico e que está situado no Camiño do Cid cando este ía ao desterro.
Praza Maior |
Unha rúa porticada. |
Vista de S.Esteban co castelo e a igrexa de S. Miguel ao fondo.
Igrexa de Nosa Señora do Rivero |
Algunha rúas son estreitas, conservando o trazado que teñen dende hai séculos.
Unha rúa de S. Esteban de Gormaz. |
CUBILLOS.-
Soria é a provincia con menos habitantes de España. A partires dos anos 60 tivo lugar un éxodo rural nesta provincia que non deixou de aumentar dando lugar a que actualmente Soria conta con moitas aldeas e vilas abandonadas.
Indo pola estrada, de camiño non lembro a onde, vimos de súpeto unhas casas abandonadas que chamaron a nosa atención. Paramos e, case mesmo á beira de estrada, paseamos por unha aldea totalmente abandonada, coa maioría das casas xa en ruínas, incluída a igrexa. Démonos conta de que xa había tempo de que alí non vivía ninguén.
Non lembraba o nome pero buscando e rebuscando en Internet din con fotos igualitas ás que eu conservo e conseguín o nome da aldea: Cubillos
Ao redor de 80 persoas viviron nas 24 casas que formaban a poboación.
Entrada á vila dende a estrada |
As campás da igrexa consérvanse nun Museo de O Burgo de Osma |
Casas que tiveron vidas e historias, hoxe totalmente abandonadas |
Sobrecollía o silenzo ao pasear entre estas casas |
SANTO DOMINGO DE SILOS.-
E para rematar a nosa viaxe a Soria e provincia, camiño xa de Galicia, paramos en Santo Domingo de Silos que xa pertence á provincia de Burgos.
Santo Domingo de Silos é unha vila e un mosteiro que sempre camiñaron xuntos. O mosteiro remóntase ao S. X cando o monxe Domingo Manso que provén de S. Millán de La Cogolla chega a este lugar e restaura o mosteiro e dá orixe a un movemento espiritual e cultural. A grandiosidade do claustro e a vida dos monxes traspasou fronteiras.
Mosteiro de Santo Domingo de Silos |
A vila de Santo Domingo de Silos perdeu practicamente todo o aspecto medieval con muralla que tivo. Só se conservan dúas portas e os panos das murallas que pechan o mosteiro.
Porta sur da muralla |
Arco de S. Juan ou Porta Maior da Fonte |
E aquí remata a nosa viaxe!!
Encantounos a provincia de Soria: as súas vilas medievales que ao introducirse nelas fan retroceder séculos na historia e dan importancia do importantes que foron no pasado; a propia cidade co seu paseo xunto ao Douro, S. Saturio, as igrexas da Virxe do Espiño e a románica de Santo Domingo, a súa Praza Maior...todo nesta cidade lembra a Antonio Machado que atopou aquí inspiración para moitos dos seus poemas.
Os seus recursos naturais tamén nos soprenderon para ben: A Lagoa Negra, O Canón do Río Lobos...e, como non, a vila abandonada de Cubillos á que poidemos imaxinar chea de vida noutros tempos.
En fin...que Soria ten moito que ofrecer!! Hai que ir coñecela!!
Páxinas web consultadas:
Enlaces as outras entradas sobre Soria:
Ningún comentario:
Publicar un comentario