luns, 18 de outubro de 2021

RUTA DE LOS MOLINOS. BRES -TARAMUNDI (PR-AS 22)

 Bres é unha localidade entre Vegadeo e Taramundi ( a 13km. de Vegadeo e 4 km. de Taramundi) de onde parte esta ruta de sendeirismo. Bres conserva exempos de arquitectura tradicional nos seus hórreos e  ten unha igrexa dedicada a S. Pedro dos S. XVI/XVII. Así mesmo o dificio das antigas escolas en estilo indiano que hoxe alberga a "Casa da auga". Tamén ten un Centro de Artesanía sito nunha inmensa casona. Os habitantes non chegan a 50.

A ruta de hoxe é moi fermosa porque atravesa bosques autóctonos cheos de verdor, pasa por aldeas tradicionais, vai, ás veces, ás beiras dun regato onde aparecen muíños ....eso sí, ten fortes subidas e tamén unha baixada importante.

O track en Wikiloc

Powered by Wikiloc

CARACTERÍSTICAS DA RUTA

Lonxitude: 9,75 km.
Dificultade: moderada
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN DA RUTA

Partimos pois de Bres.

Panel informativo da ruta

O Centro de Artesanía ubícase na antiga Casona de Villanueva. Foi concebido como unha instalación para facilitar o coñecemento e posta en valor das actividades artesanais.
Centro de Artesanía

Cruzamos a aldea.
Atravesamos Bres

Imos uns metros pola estrada


Para deseguida coller á dereita:

Para baixar ao Muíño de Guxo:

O Muíño de Guxo aínda está bastante ben conservado. Ademais do muíño tamén contaba cunha pequena central hidroeléctrica.
Muíño de Guxo

Un pouco máis adiante, cruzamos esta rústica ponte para sumerxirnos no fantástico verde do bosque:

Árbores autóctonas van acompañarnos nunha constante subida de 1,5 km. que parecen máis debido á forte pendiente:

A subida compensa indo polo medio desta exuberente natureza.

Chegamos a un claro e vemos Bres aló embaixo. A súa escola indiana, hoxe convertida en Museo da Auga, é inconfundible:

 
Dende Chao do Cobo, a paisaxe ábrese deixando ver montañas, prados e lonxanas aldeas.

Cabaza ten 4 vivendas e nótase que temporalmente alguén vive aquí. Hoxe non vimos a ninguén.
Cabaza

Pensamos que aquí se acabaría a subida pero non! Tal vez se volve algo máis suave pero continuamos subindo ata Brataramundi.
Agora subimos por unha ancha pista embarrada

Que axiña se converte en un verde camiño de carro.

Chegando a Brataramundi, desfrutamos destas vistas:

E aquí está a aldea de Brataramundi:

Agora comenzamos a descender ata o regato outra vez. A baixada (eu prefiro baixar) tamén é importante por veces.

Xunto ao regato, vemos O Muíño Vello en total abandono.

Comenzamos de novo a subir pero agora o desnivel é menor. Imos pola parte máis fea da ruta, unha pista forestal con eucaliptos e sen sombra(menos mal que son moi poucos metros)

Deseguida cambian as árbores e xa temos sombra. Agora temos un traxecto en chan ata o final:

Xa estamos de volta en Bres:

Onde podemos ver o Centro de Artesanía por outra fachada.

E tamén a igrexa e o Museo da Auga ao fondo                                                                    

Fomos xantar a Taramundi no Restaurante-Hotel Taramundi onde non reservan mesa(ao igual que nos outros restaurantes aos que chamei antes) pero non foi necesario, non tivemos que esperar nada e preparáronnos unha mesa para nós na terraza. Comemos moi ben, racións moi abundantes e preguntando sempre se necesitábamos máis. Un servizo rápido e moi amables.
Despois do xantar fomos visitar un Castro que hai na mesma vila: O Castro de Os Castros que é un dos máis importantes de Asturias e foi un dos principais centros comerciais durante a época romana. Data de Idade de Bronce e ten unha importante sauna da época romana. No ano 2000 iniciaronse as excavacións.

Pateando por Taramundi,  vimos este hórreo tipicamente asturiano                                     

Unha imaxe de Taramundi, vila pioneira do Turismo Rural e que hoxe en día vive practicamente do turismo como se nota en que a pesares de ser unha vila moi pequena (ao redor de 600 habitantes en todo o concello) conta con varios restaurantes, hoteis, casas de turismo rural... xa que este concello ten moitos elementos naturais, etnográficos e arquitectónicos que a fan receptora de multitude de visitantes en calquera época do ano.
 
A igrexa de S. Martiño érguese nun alto que domina a vila. Por fóra é moi fermosa pola súa esbelted e polo entorno no que se atopa.

 O Hotel La Rectoral (así chamado porque foi a antiga casa da igrexa) foi o 1º hotel rural de España. Situado na parte máis alta da vila, dende aí as vistas son incríbles.


Taramundi dende La Rectoral


Ningún comentario:

Publicar un comentario