Almazán, duns 6000 habitantes, ten unha Praza Maior típica castelá, coa igrexa de S. Miguel e o Pazo dos Hurtado de Mendoza e o edificio do concello. É unha praza moi ampla.
Á dereita da imaxe vemos a Torre do Reloxo e debaixo del a Porta da Vila que é unha das portas que tiña a muralla.
Tamén vemos o edificio do concello.
Concello, Torre do Reloxo e Porta da Vila |
Tamén na Praza podemos ver a igrexa de S. Miguel do S. XII de estilo románico
Igrexa de S. Miguel |
Xunto á igrexa, temos o Pazo dos Hurtado de Mendoza. É do S. XVI e mestura estilos renacentista, herreriano e gótico-isabelino. Os Reis Católicos aloxáronse nel en varias ocasións.
Teño que dicir que o máis representativo de Almazán é a Praza Maior pero tamén ten outros lugares interesantes que non vimos, como os diversos miradoiros sobre o río Douro (un deles ubicado na Praza Maior ao que se accede a través dun pequeno arco que hai entre a igrexa e o pazo), a muralla, o Paseo Fluvial...
CAÑÓN DO RÍO LOBOS.-É un Parque Natural que abrangue un tercio da provincia de Burgos e o resto está na de Soria. É unha reserva natural con espectaculares paisaxes esculpidos polo río Lobos. Ten moitas rutas de sendeirismo, a ermida de S. Bartolomé e tamén ten unha importante colonia de voitres leonados.
Dende onde está a ermida saen varias rutas de sendeirismo, nós fixemos un curto percorrido por unha delas.
A ermida de S. Bartolomé é de estilo románico do 1º cuarto do S.XIII con algunha influencia gótica.
Dende a Cova Grande vemos o río e a ermida.
O BURGO DE OSMA.-
O Burgo de Osma é unha antiga e monumental cidade episcopal ao pé do río Ucero e ten un recinto medieval moi ben conservado. Está declarada Conxunto Histórico-Artístico. A formación actual da cidade é do S. XII cando Pedro de Bourges (S. Pedro de Osma) elixeu como sede catedralicia un mosteiro ubicado xunto ao río Ucero. Este feito propiciou o florecemento dun próspero burgo de artesáns e comerciantes. Esta situación privilexiada prolongouse durante séculos, chegando na época renacentista a poseer un centro universitario.
Na foto seguinte vemos as históricas murallas que encerran o núcleo medieval e a catedral de fondo. Máis ao fondo, na lonxanía, vemos o castelo de Osma.
Muralla e catedral de O Burgo de Osma |
Na Praza Maior temos edificios do S. XVIII como o do concello
Praza Maior de O Burgo de Osma |
Frente á casa consistorial está o Antigo Hospital de S. Agustín . Foi mandado construir por un bispo no S. XVII. Actualmente acolle o Centro Cultural da Vila.
Na Rúa Maior, á dereita, temos o Pazo Episcopal. É dicir onde vivían os bispos que tiveron unha gran importancia nesta cidade pois había un vínculo moi estreito entre pobo e templo.
Na actualidade o Pazo, ademais de seguir sendo a residencia e oficina episcopal, garda os archivos diocesanos.
A catedral de Santa Mª da Asunción de estilo gótico, foi levantada no S. XIII sobre outro templo románico. Podemos tamén contemplar elementos renacentistas na súa fachada así como a súa esbelta torre barroca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario