Tiña oído falar do Altar de Adai, dolmen de Adai...e ademais que había rutas para chegar ata estes restos arqueolóxicos que pasaban por bosques incribles; así que fun coñecelos onte luns, 15 de xuño.
Características desta ruta:
Lonxitude: 8,6 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC
Descripción:
A ruta ten inicio e fin despois de pasar a ponte sobre o Miño en Porto- Meilán, na parroquia de Adai. Nós tivemos un pequeno oco para deixar o coche despois da mencionada ponte, pero só cabe un coche polo que ao mellor é convinte aparcar antes de cruzar a ponte, ao pé da Potabilizadora de Auga de Lugo.
Aparcamos na beira desta estrada, nunha pequena explanada que hai, dende onde saquei esta foto.
Nesta estrada, aos poucos metros do coche, xa pillamos un camiño á dereita que nos vai levar cerca do Miño.
Rapidamente, o camiño transformase nun carreiro cunha ponte de madeira que se ve ao final da foto:

Entramos nunha fermosa carballeira:
O entorno de Porto Meilán con estes bosques e o río Miño forma parte da Reserva da Biosfera "Terra do Miño".
A Reserva da Biosfera Terras do Miño, é a 2ª máis grande da Península Ibérica e a máis grande de Galicia ocupando o 39% da provincia de Lugo onde abarca 26 municipios.
Gran parte da Reserva está incluída dentro da Rede Natura 2000 e está constituída, fundamentalmente, polos denominados paisaxes de auga e formacións de turbeiras de cobertor no Xistral.
Xa saimos da carballeira a unha paisaxe aberta na que vemos prados.
A paisaxe cambiou pero segue a ser tamén fermosa.
Estamos cerca de poboacións e nótase en que aparecen prados e árbores froiteiras como bastantes nogueiras.
Tamén vemos terras de millo. Estamos non moi lonxe de aldeas como Ferreiros, As Cancelas...
Deseguida imos chegar a unha estrada local.
Son só uns metros por esta estrada ben sombreada:
Deseguida pillamos un camiño á dereita que nos leva a estes prados.
Pillamos este carreiro que ao principio estaba así, despois mellora. Son 200m. ata desembocar nunha pista ancha.
Seguimos subindo e xa por aquí o calor apreta. aquí predominana os piñeiros e tamén hai bastantes xestas.
O camiño lévanos a este inmenso prado que menos mal que está recén segado...
Sabemos que moi cerca está o Altar de Adai e o track así nolo indica...pero onde?
Non hai un solo sinal, unha pista que nos indique onde está. Semella bastante escondido e os accesos para chegar a el son os das fotos:
O Altar de Adai foi descuberto a finais dos 80 por Juan F. Núñez Jato e Laura Rodríguez Varela e pertence ao conxunto arqueolóxico de Pedra Fita no Monte das Penas do Caldeiro.
Esta contrucción é unha pedra plana con 18 buratos labrados na rocha e é difícil concretar a súa orixe e a súa utilidade.
Os últimos estudos deste lugar din que estamos diante dun recinto vinculado ao mundo funerario, de feito podería ser unha necrópole, un gran santuario prehistórico.
 |
Altar de Adai
A pedra ten no medio dous buratos, un circular e outro rectangular unidos entre si e que non se sabe moi ben para que servían. |
 |
| Altar de Adai |
Outras pedras curiosas que atopamos na zona:
Estamos no punto máis alto da ruta, a 537m. e hai boas vistas:
Abandonamos o prado anterior para pillar este camiño. Á dereita, deseguida temos outro monumento arqueolóxico.

Non vemos ningún sinal ou indicación de por onde ir para chegar ao Corro dos Mouros pero vemos estes sinais nos piñeiros que non van levar ao lugar.

O Corro dos Mouros ou Castrillón ten forma circular e uns 52m. de diámetro. Pénsase que foi un enorme monumento de ritos funerarios. O ano 2025, expertos da USC realizaron sondaxes neste lugar e sacaron á luz máis de 4000 pezas de cerámica. Segundo as probas con carbono 14, foi construído no S. XIII a. C.
Corro dos mourosA partires de aquí, empezamos a baixar.O Dolmen de Adai está nun prado á beira da estrada.  |
| Dolmen de Adai |
Só quedan uns poucos restos deste dolmen en estado precario. Está formado por 5 ortoastos. |
| Dolmen de Adai |
Imos uns metros pola estrada.
Deixamos a estrada por onde víñamos para introducirnos por outra.
E axiña torcemos á dereita:
Deixamos o camiño anterior e ao mellor non deberiamos facelo porque o carreiro que eleximos nos é o máis practicable para camiñar. Son só uns metros entre felgos e silvas ata que atopamos algo máis arriba o camiño anterior que antes deixamos.
Voltamos pillar o bo camiño.
Desembocamos na estrada que vai á aldea de Adai e decidimos ir por ela ata o final que está moi próximo e o calor xa apreta ben. Non queremos alongar máis a ruta.
A igrexa de Santa Mª Madanela de Adai é un exemplo de arquitectura relixiosa rural. Está situada no lugar de Vilamaior. Predomina na construcción o uso do granito e a pizarra. A súa fachada é sobria e sinxela e o entorno é moi agradable.
 |
| Igrexa de Adai |
Como é habitual en Galicia, o cemiterio aparece vinculado á igrexa. |
| Igrexa de Adai |
A igrexa está nun fabuloso entorno que invita a sentarse e descansar.
Ao pé, tamén hai unha fonte.
Ao seguir camiñando pola estrada, vemos a antiga escola de estructura semellante á de outras moitas escolas galegas dos anos 50 do pasado século.
Mirando ao lonxe vemos unha gran masa de arboreda autóctona, porque Lugo ten moi cerca da cidade moito bosque tradicional.
Páxinas web consultadas:
Chegamos oa punto de inicio e como temos moi cerca o Miño, saco unhas fotos dende a ponte.https://patrimonionatural.xunta.gal/es/terras-mino
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/altar-de-adai/
https://horariosrezo.es/iglesia/iglesia-de-santa-maria-magdalena-de-adai/
Ningún comentario:
Publicar un comentario