No concello de Muras fixemos xa hai ben anos a Ruta do Rego dos Coruxos, concretamente na parroquia do Viveiró que se pode ver AQUÍ
Hoxe fixen unha ruta que sae da mesma vila de Muras e que está deseñada e publicitada dende o concello. Anunciase esta ruta como dividida en 3 partes (Ruta do Río, Ruta da Fraga e Ruta de Carelle) que se poden facer independetemente ou todas xuntas nun percorrido lineal.
Eu seguín o único track que atopei que fai unha ruta de 12 km. circular pola mesma fraga pero por dous lugares diferentes. Pareceume unha ruta fantástica, preciosa e que conta cos elementos máis significativos nun percorrido sendeirista que non ten desperdicio.
Características da ruta:
Lonxitude: 12,5 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular que tal e como a fixen está sen sinalizar (só está indicado o tramo oficial proposto polo concello) O meu track en WIKILOC
Descripción:
Aparquei na Área Recreativa da Veiga, ao pé do parque infantil e frente ao bar-restaurante "O Chiringuito de Muras"
Esta área recreativa está ás beiras do río Eume, río que hai pouco vin nacer nunha ruta no Xistral e aquí xa está feito un mozo ben ancho e caudaloso.
 |
| Área Recreativa da Veiga |
Nesta área hai un busto dedicado a Bibiana Adriana López de Pablos Quevedo, unha persoa benefactora da localidade.
 |
| Área Recreativa da Veiga |
É un lugar con fermosa vexetación autóctona debixo da que hai mesas, bancos e barcaoas en pedra.
 |
| Área Recreativa da Veiga |
Despois de pecorrer esta fermosa Área Recreativa, hai que ir cara á parroquia do Burgo e por ela vai toda a camiñata.
Cruzamos A Rúa, lugar da parroquia do Burgo.
Unha fermosa imaxe da Rúa.
Vexo a vila de Muras. É un concello moi pequeno que aínda non chega aos 600 habitantes. Muras, conserva unha notable biodiversidade forestal integrada por especies nativas que conviven con plantacións productivas (piñeiro e sobre todo, eucalipto). No seu entorno, a masa forestal autóctona caracterízase polo predominio de frondosas caducifolias.
Parte do edificio da igrexa de Santa Mª do Burgo data do S. XVIII aínda que non é doado fixar a época exacta debido ás moitas reformas sufridas.
 |
| Igrexa de Santa Mª do Burgo |
Ao pé da igrexa remata o asfalto e introdúzome por un fermoso camiño:
Deseguida chego a unha bifurcación. Na ruta oficial do concello, tería que pillar o desvío da dereita para comenzar o "tramo do Río" pero eu decido volver por aí e entón pillo o camiño da esquerda.
 |
| Bifurcación |
Esta é unha preciosa fraga onde se ven moitas especies de árbores. Na imaxe, bidueiros.
As carballeiras tamen están presentes.
Un claro da fraga permite aprezar doutro xeito esta masa autóctona que atravesamos.
A Serra do Xistral tamén está presente no concello de Muras. Vémola ao lonxe.
Moitas, moitísimas arandeiras hai nesta fraga. En Galicia medra por riba dos 600 m especialmente nas provincias de Lugo e Ourense coma mato das fragas, carballeiras, bidueirais ou faiais
O Rego de Sarrón deixanos esta fermosa estampa. A partires deste rego empeza unha forte subida que tomo con calma. (Dura 1 km. aprox.)
Carballeiras que debemos conservar para sempre.
Remato a fraga e saio a unha zona aberta ben fermosa chea de uces e toxos.

Dende este punto que é o máis alto da ruta, diviso lonxanas montañas.

Agora empeza unha baixada. O camiño está sempre limpo, en perfectas condicións para camiñar.

Ao lonxe, prados e a pista pola que terei que pasar dentro de pouco.

As árbores que se ven son bidueiros que acostuman a colonizar terreos degradados e incluso queimados.
O gando cabalar é abundante no concello de Muras.

Notamos que esta é unha zona de gando porque vemos este paso canadense.
Efectivamente, vemos gando vacuno. Esta zona de Galicia produce unha das mellores carnes de Tenreira Galega da Comunidade.
Estamos en Cal do Baño, lugar da parroquia do Burgo.
Estamos chegando a Carelle, que se atopa nun entorno precioso.
Chego a Carelle Grande, unha aldea que nos anos 90 quedou abandonada e que un alcalde de Muras, Issam Alnagm, concibeu a idea de convertila nun ambicioso complexo turístico que fracasou.
 |
| Carelle Grande |
As casas restauradas están en total estado de abandono. Ninguén viveu aquí de xeito permanente nunca.
 |
| Carelle Grande |
Aquel plan, impulsado durante o mandato do exalcalde Issam Alnagm, naceu entre promesas de desenrolo e acabou envolto na polémica. Millóns de euros de inversión, conflictos xudiciais e unha xestión marcada pola controversia deixaron tras de sí unha aldea fantasma.
 |
| Carelle Grande |
O alcalde recoñece que o complexo está en estado de abandono, pero insiste en que o Concello carece de medios para revertir a situación. "Estamos coas mans collidas. Esixe moito diñeiro poñer iso en orde e obter todas as autorizacións e permisos para facer usos"
 |
| Carelle Grande |
Durante os últimos anos, o goberno local analizó distintas alternativas, dende proyectos agrogandeiros hasta iniciativas turísticas de menor escala, pero ningunha chegou a materializarse.
 |
| Carelle Grande |
A capela de S. Xosé é unha sinxela construcción de pedra.
 |
| Capela de S. Xosé de Carelle |
As obras de reconstrucción comenzaron a finais de 2011 e o complexo inaugurouse en 2014, aínda que apenas chegou a funcionar. Antes incluso da súa apertura, acolleu un campamento de verán en inglés que acabou co a intervención da Garda Civil e unha causa xudicial.
 |
| Carelle Grande |
Dende os inicios, o proxecto levantou sospeitas. Parte dos terrenos e edificacións pertencían á muller do ex rexedor, que os vendeu ao Concello para desenrolar a iniciativa. O entón concellal da oposición, hoxe alcalde, foi unha das voces máis críticas.
 |
| Carelle Grande |
Tamén xerou controversia a financiación: todo se sufragou con fondos do Fondo de Compensación Ambiental, procedentes dos ingresos que Muras recibe polo seu elevado número de aeroxeradores. O municipio percibía entón uns 650.000 euros anuales por este concepto.
 |
| Carelle Grande |
O complexo ocupa máis de 32 hectáreas, con sete casas rurales, un lavadoiro, muíño, fornoe un hórreo, ademáis dunha capela cercana. As instalacións, que no seu día prometían aloxar a 30 visitantes, hoxe lucen fiestras rotas, muros cubertos de hedra e camiños invadidos pola maleza.

Solo se ecoita o silenzo nesta aldea. Unha pena que despois de invertir millóns de euros, se vexa así actualmente esta aldea. |
| Carelle Grande |
En Galicia hai varias aldeas que estaban abandonadas e foron reconvertidas en "aldeas etnográficas" pero non todas tiveron o mesmo éxito, a maioría delas apenas teñen habitantes permanentes e a de Carelle, concretamente, está en abandono total. Estas aldeas conservan a memoria histórica e poden ser unha boa oferta para turismo rural pero corren o risco de convertirse en "aldeas museo" sen vida propia.

Carelle Grande
Abandono Carelle Grande contemplando esta paisaxe bucólica.
Irei por estrada ata Carracedo.
Casas abandonadas onde un día houbo moita vida.
Á dereita, o camiño polo que baixei antes.
Unha estrada totalmente baleira onde só me atopei cun rapaz que viña nunha moto vixiar o gando e que moi amablemente me indicou o camiño de volta.
Unha ruta na que vin variedade de animais.
Carracedo é un lugar da parroquia do Burgo, da que non saímos en ningún momento. A estrada pola que veño, chega aquí e aquí remata. Neste lugar tan illado só vin vida nunha vivenda, na que se ve na foto de cemento; as outras están abandonadas.
Polo tanto, a partires de Carracedo baixamos á fraga que temos que volver cruzar pero por un trazado máis baixo ca o anterior polo que fun á ida. Este é o camiño oficial marcado polo concello.
Primeiro adetrámonos nunha carballeira.
Nun claro da fraga podemos ver ao lonxe o Xistral. Sigo introducida nunha fermosa fraga autóctona.
Agora, predominan os bidueiros.
A pereira brava é da familia das rosáceas, por eso ten espiñas.O seu froito chámase pero. Nesta fraga hai moitas destas árbores. Pode ter forma de árbore, como o que vemos na seguinte foto ou ben forma de arbusto. O tronco é delgado.
 |
| Pereira Brava |
As pereiras bravas nacen espotáneamente na beira dos camiños ou no medio da fraga xunto a outras especies. O froito é pequeno e comestible pero amargo. A súa madeira é dura, moi compacta, fácil de pulir, utilízase en ebanistería e carpintería e para a fabricación de instrumentos musicais.
Pereira brava
Este tramo da ruta ten moitos paneis explicativos referentes ás características da mesma.Está perfectamente sinalizada. Agora estamos no tramo da Fraga.
Atravesamos o Rego de Carracedo:
Estamos ao pé do lugar chamado Beira do río e tamén ao pé da estrada. Torcemos á dereita para seguir polo bosque e atopamos outro rego para cruzar.
Agora xa nos metemos no Tramo do Río, levando á nosa esquerda sempre o río Eume.
Fermoso contraste entre azul, marrón e distintos verdes.
Pasamos por esta congostra.
Esta ruta é ben fermosa!!
Os pradairos foron outras das especies de árbores que vin. Son árbores de gran tamaño que poden aparecer así entre as fragas ou cultivados de xeito ornamental en parques e paseos de vilas e cidades.
Unha congostra é un camiño estreito e profundo, xeralmente unha corredoira ou camiño de carros, que discorre afundido entre valos, sebes, cómaros ou elevacións do terreo. Son vías tradicionais, estreitas e moitas veces rodeadas de vexetación, típicas da paisaxe rural galega. (IA)
 |
| Congostra |
Xa vexo parte da vila de Muras. O fin da ruta está próximo.
O tramo final é o mesmo que o de inicio. Atraveso O Burgo outra vez.
A vila de Muras é moi pequena. Un sector de recente implantación nesta zona é o da produción de enerxía eólica, con importantes investimentos das empresas Iberdrola, Acciona, Ecyr e Norvento
Entorno do río Eume antes de entrar na vila cruzando a ponte que vemos.
Diante dun parque infantil vemos un monumento ao emigrante a Cuba.A emigración a este país tivo relevancia a finais do S.XIX e principios do XX neste concello.
Páxinas web consultadas:
https://www.xunta.gal/portada
https://www.elprogreso.es/articulo/turismo/sueno-turistico-lugo-que-apago-maleza/202510101213061914396.html
https://www.escapalandia.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario