martes, 5 de maio de 2026

O VICEDO. RUTA CIRCULAR.

 No concello do Vicedo xa levo feitas 7 rutas e na de hoxe unha gran parte do percorrido xa o coñecía de cando fixen o Camiño Natural do Cantábrico.

Puntos a destacar nesta ruta:

- As praias de Fomento, Os Castelos, Arealonga, Caolín e Vidreiro.

- O Porto de O Vicedo.

- A desembocadura do río Sor formando a ría do Barqueiro.

Características:

Lonxitude: 10, 5 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sinalizada a parte que se corresponde co tramo do C. natural do Cantábrico (metade da ruta) A outra metade, sen sinalizar, xa que a planifiquei eu. O meu track en WIKILOC

 Descripción:

Aparquei no porto de O Vicedo e aí iniciei e finalicei a ruta. 

Porto de O Vicedo

Este porto é pequeno e ten amarrados barcos pesqueiros (poucos) e embarcacións de recreo.

Porto de O Vicedo

O monumento ao Pescador situado no porto foi inaugurado en maio de 1999. É unha escultura dun mariñeiro sobre un pedastal que homenaxea a tódolos pescadores da zona e o seu duro traballo no mar. A estatua foi doada por uns catedráticos de Belas Artes da universidade de Salamanca.

Monumento ao pescador

Vistas dende o porto á vila de O Vicedo.

O Vicedo

A Praia de Fomento é totalmente urbana xa que está ao pé da vila. É unha praia dentro da ría do Barqueiro, polo tanto de augas moi tranquilas.

Praia de Fomento

A marea estaba chea, pero aínda así puiden ir pola beira desta praia ata atopar as escaleiras que se ven na foto.

Esta cheminea son os restos que quedan dunha antiga fábrica de salazón que houbo neste lugar.

No 2025, inaugurouse un novo sendeiro peonil de 395m. que une as praias de  Os Castelos e a de  Fomento, unha actuación que recupera a antiga servidume de paso 

Restos dunha antiga fábrica de salazón

A estructura que vemos na foto foi tamén restaurada no 2025 e formaba parte da antiga fábrica de salazón.

Chamábase fábrica de salazón de Catá ou fábrica do Mexicano. A Xunta está a propoñer que se conserve como BIC (Ben de Interese Cultural)

Este tramo que veño de percorrer non estaba así acondicionado cando eu fixen a ruta do C. Natural do Cantábrico.

Cheminea da antiga fábrica de salazón

Observamos un espiño floreado e imos atopar moitos ao longo deste percorrido.


O  paseo inaugurado o ano pasado, 2025 lévanos pegados ao mar.
Paseo Marítimo

Este outro paseo de pedra é o que existe dende 1999.
Paseo Marítimo

Vistas á rocha furada e ao Barqueiro.


Nesta época , os espiños ou estripeiros (en galego)están en plena floración. Pertence á familia das rosáceas. É unha arboriña espiñenta. Poden ser arbustos ou pequenas árbores de 5–14 m de altura, cunha densa coroa.
Espiños.

A praia dos Castelos ou dos Moledos está rodeada de natureza . En marea alta queda pouca area pero é unha boa alternativa se se quere tranquilidade porque non ten aglomeracións. Hoxe estaba bastante sucia cos restos de troncos, ramas...supoño que no verán a limpan.
Praia dos Castelos ou Moledos.

Seguimos agora uns metros por unha estrada local, onde siguen moi presentes os espiños floreados.


Imos dar a unha baixada para a praia de Arealonga pero non podemos ir por ela porque está alta a marea. Damos a volta para pillar outro acceso.
Acceso á praia de Arealonga
 
Subimos á estrada por este carreiro.


Imos pegados á N- 862 durante uns metros (hai beirarúa e pasarelas de madeira)

A praia de Arealonga é a máis grande do concello, situada na desembocadura do río Sor. É unha praia de augas tranquilas.
Praia de Arealonga

Praia de Arealonga

Á esquerda, Estaca de Bares e á dereita, a Punta das Laxes. (Dende a praia de Area Longa)

Un fermoso paseo entre piñeiros percorre esta praia.


Cunha  lonxitude de 1300 m, é unha praia  grande e abrigada de area blanca e fina, dende a que se ve toda a ría. Conta cun respaldo boscoso e unha zona de paseo que comunica a praia coa desembocadura do río Sor e as famosas tres pontes sobre o mesmo, que axiña veremos.

Está moi preto da vila, polo tanto, poder acceder é cuestión dun corto paseo.

Na foto podemos ver, ao final da praia, unhas grutas de cuarzo blanco.


Ao remate do paseo, atopamos unhas curiosas pedras en círculo e aparellos de exercicios psra adultos.


O estuario que forma o río Sor na súa desembocadura é verdadeiramente fermoso, un lugar idílico no que a máquina non se cansa de sacar fotos.






O Sor formando a ría do Barqueiro e, ao fondo, a vila do mesmo nome.
Praia do Chamadoiro
As tres pontes que cruzan o Sor: a 1ª que vemos é tamén a última en construirse nos anos 80, e polo tanto a máis nova é para a circulación de vehículos na estrada AC-862, outra ponte é a de FEVE Ferrol- Oviedo, segunda en ser construida nos anos 60 e a peonil metálica foi a 1ª das tres que existen, inaugurada en 1901.
As 3 pontes

A praia que se forma aquí, na desembocadura do Sor é a praia do Chamadoiro. En marea baixa ten unha grande extensión de area. Destaca tamén polo seu gran sistema dunar.

Praia do Chamadoiro

A ponte metálica foi a 1ª das tres que existen, inaugurada en 1901 e que enlaza o concello de O Vicedo (Lugo) co de Mañón (A Coruña) A estructura consta de 3 tramos de 48m cada un e no ano 1980 foi cerrado o paso ao tráfico de vehículos porque estaba moi deteriorada. No 2005 foi restaurada e converteuse nunha ponte peonil.
Ponte metálica

En 2005 realizouse unha profunda restauración da estructura que suprimeu os voladizos laterais para peóns, renovou as barandillas de ferro e cambiou o pavimento por vigas de madeira antideslizante. Dende entón leva a vía peonil CP-6410 que une Mañón coa praia de Arealonga, en  O Vicedo.
Ponte metálica

Na foto seguinte, a ponte de FEVE.
Ponte de FEVE

Como quero facer a ruta circular, vou agora pola estrada CP- 6410, durante un tramo, ao pé do río que se ve non sen certa dificultade polos eucaliptos.

Este é o tramo máis feo da ruta, asfalto e eucaliptos.

Vou fixándome en que no medio dos eucaliptos nacen carballos, bidueiros, castiñeiros... no caso da seguinte foto, vese un carballo.

Estas árbores nacen como rexeneración natural e o carballo é a especie máis resistente e común que medra no sotobosque dos eucaliptais, aproveitando a sombra inicial.

Na seguinte foto, bidueiros,  árbore pioneira que brota con facilidade en zonas clareadas ou abandonadas.

Os castiñeiros son  outra especie frondosa autóctona que se adapta ben e compite con éxito co paso do tempo.


O Vicedo pero agora dende outra perspectiva.

O porto ao fondo, a onde teño que chegar.



Paso por diante da Casa da Cultura.

Agora vou alonxarme algo da vila e pasarei polo barrio de Triscornia.

Paso polo Vicedo Vello, supoño que así chamado por ser a parte máis antiga da vila.

O Vicedo Vello

Dende Vicedo Vello baixo por un carreiro acondicionado.

 A praia de Caolín é unha pequena cala fermosísima onde as augas están case sempre tranquilas e son transparentes e moi azuis.

Praia de Caolín

Estas son as ruinas dunha antiga fábrica de salazón. Esta industria remóntase a finais do S. XVIII, consolídase no S. XIX e mantén certa importancia ata o 1º terzo do S. XX. En Galicia o peixe que se empregaba na salazón era maioritariamente a sardiña e a actividade productiva ía entre xaneiro e xuño.


Antiga fábrica de salazón

Vemos unha baliza, que é unha sinalización para a navegación que pode estar na terra (como é este caso) ou no mar. Se teñen luz, acadan menos distancia que os faros e tamén se diferenzan destes en que os faros sempre emiten luz branca e as balizas vermello, verde, amarelo e  azul; excepto as marcas cardinais que son brancas.

Baliza

 A praia de Vidreiro está xa moi cerca do porto de O Vicedo. É unha praia pequena, de augas transparentes e area moi fina.

Praia de Vidreiro

A chegada de novo ao porto, agora polo outro lado.

Porto deportivo

Páxinas web consultadas:

https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/

https://amarinaxa.com/es/

https://www.lavozdegalicia.es/

https://turismo.concellodovicedo.org/es/









Ningún comentario:

Publicar un comentario