Seares é unha parroquia do concello de Castropol e esta ruta discorre toda ela por esta parroquia.
Aínda no chega aos 200 habitantes en total pero o núcleo de Seares que dá nome á parroquia atopámolo cheo de xente e de vida.
Características da ruta:
Lonxitude: 9km.
Dificultade: baixa
Ruta circular se sinalizar. O meu track en WIKILOC
Descripción:
A ruta empeza e remata en Grandallana, unha pequenísima aldea na que vimos 3 casas, todas elas xa en completa ruina menos unha na que vimos xente. En Grandallana está tamén está pequena capela na honra da Virxe de la O. De ao pé desta capela saimos.
Esta é a única vivenda habitada de Grandallana. Nesa gran casona vive xente que nos observou con moita curiosidade. Nótase que pouca xente chega aquí.
Baixamos por un camiño bastante anegado xa que imos ao pé do Rego de Seares.
Un camiño dos de toda a vida por onde antes circularían os carros con productos agrícolas e con cereais rodeado de eucaliptos.
Empezamos a ver prados e vacas. Estamos chegando a Seares.
Abrésenos a paisaxe e vemos un lugar aló no alto polo que despois pasaremos: Axelán.
Frente a nós inmensos prados que nos dan xa idea do modo de vida da xente desta parroquia.
O camiño aparece trallado e enlodado do paso dos tractores.
Vimos en Seares moitas fincas de millo destinado a ser ensilado e de feito vimos como traballaban nese proceso.
Vimos os apartementos rurais "La Searila" no centro de Seares.
Subimos agora a outro lugar desta parroquia moi cerca do anterior, a Axelán.
Sempre me chaman a atención os lavadoiros que vexo polas aldeas que visito, case todos están restaurados!! Falta o do meu barrio!!
En Seares viven da gandaría como demostran os inmensos prados e fincas de millo para comida do gando que vimos.
Vistas fermosas dende Axelán que está situado nun alto.
Agora pillamos un camiño
Baixamos entre eucaliptos:
E tamén algún castiñeiro
Ata chegar á Ría de Ribadeo ou do Eo. Temos unhas extraordinarias vistas:
O río Eo, cerca aquí de Vegadeo, vai desembocar en Ribadeo ao Cantábrico.
O camiño de monte polo que baixamos desemboca nunha estrada local. Estamos en Presa, outro lugar da parroquia de Seares.
Continuamos vendo imaxes fermosas da ría.
Ao lonxe vemos Río de Seares e en 1º plano unha casona en ruinas que chama a miña atención polo grande e porque ten capela. Recorda aos pazos galegos.
|
Río de Seares, ao fondo e en 1º plano, a casona onde viveu "A Searila" |
Este pazo ten unha historia de algo que pasou no S. XIX: nese século e nese palacio hoxe en ruinas viveu Mª Rosa Pérez, "A Searila", unha muller moi guapa da parroquia de Seares que se namorou de Antonio Cuervo, veciño de Piantón (A Veiga). As familias deles estaban enfrentadas por eso se casaron en secreto en 1835 e un ano despois da voda, Antonio foi destinado a Coruña como Gobernador Xeral. A Searila estaba embarazada e morreu de parto.
Ao enterarse el, voltou e abreu a tumba de Mª Rosa para pillarlle un mechón de cabelo. Pasou o resto da súa vida pechado nese palacio e din que só saía pola noite para percorrer os lugares onde estivera coa súa amada.
Seguimos por estrada local durante que deseguida vai desembocar a outra. En total imos 800m. por estrada. ata pillar un camiño de monte (moi curto) que desemboca nunha granxa e xa estamos de novo en Seares
O día que antes estivera con sol, empezou a oscurecer e ata nos caeros unhas pingas que pouco duraron.
Xa pasaramos antes por Seares pero pola parte de abaixo . Agora imos pola parte alta e vemos unha casa moi grande, outras dependencias, un cabozo e ao pé unha capela. Non sabemos se a capela é independiente ou formaba parte da casona. Non atopei informcaión por ningún sitio.
Dende logo a casa non foi unha casa corrente: era moi grande, ten unha enorme galería, un bo cabozo e a capela que non sei a quen pertencía...
O arco da vella anunciando que para de chover. Vemos xa a igrexa parroquial de Seares pola que imos pasar.
Xa hai no S. X datos dunha doación. É unha igrexa grande que aparece moi coidada e ten dous campanarios, un pequeno e o principal.
Derriba da porta principal, hai un escudo "de armas y blasones"
A igrexa está situada na parte máis alta da aldea e ten boas viastas sobre todo o val.
Nunha porta lateral vemos un reloxo de sol que funciona perfectamente.
Pillamos a estrada a Grandallana e deseguida torcemos por un camiño de monte que en pouco máis de 1km. nos vai levar ao inicio da ruta.
Un tramo moi curto por un camiño de monte.
Que sensación de paz, que fermosura a destes prados!!
Xa estamos en Grandallana!! Uns metros máis adiante xa está a capela de Nosa Señora da O onde temos o coche.
Páxinas web consultadas:
https://www.vivirasturias.com/blog-vivir-asturias/c/0/i/50112265/leyenda-de-la-searila
Ningún comentario:
Publicar un comentario