sábado, 29 de agosto de 2020

O CAMIÑO DOS FAROS TRAMO 3: SANTA MARIÑA- PORTO DE CORME


Hoxe realizamos o terceiro tramo deste longo camiño. Tramo que nós diseñamos á nosa medida. O de hoxe, case tan duro como o anterior, con continúas subidas e baixadas. Tanto unhas coma outras son longas e moi empinadas á veces, pero a recompensa son unhas vistas sobre o océano e a costa que te deixan sen palabras.

Desfrutamos de praias solitarias como a da Barda, subimos á encantadora aldea de O Roncudo, paseamos pola vila de Corme e baixamos ao faro do Roncudo  solitario vixía e axuda para os homes do mar pero que ás veces non serviu para que estes perdesen a vida como atestiguan as cruces que o rodean, por algo a esta Costa se lle chama "da Morte". Estamos no concello de Ponteceso.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:

Lonxitude: 9km. aprx.

Dificultade: Media-alta

Ruta lineal perfectamente sinalizada.

DESCRIPCIÓN:

Partimos dende onde rematamos o último día: do porto de Santa Mariña:

A ubicación de Santa Mariña, AQUÍ


Deseguida chegamos a esta cruz e temos que meternos cara ao monte. Está perfectamente indicado:

Ao fondo aínda vemos o faro de Punta Nariga

Atravesamos un pequeno val onde vemos un cabalo:

O cabalo estaba case escondido

Saimos axiña a un pequeno tramo de asfalto e deseguida nos demos conta de que acababamos de pasar por aí no coche para ir a Santa Mariña:



Collemos deseguida á dereita para dirixirnos á praia de A Barda indo por un camiño que bordea un muro de pedra seca. Estes muros que abundan tantísimo en Galicia son Patrimonio da Humanidade:
La Unesco ha incluido los muros en piedra seca en la Lista Representativa del Patrimonio Cultural Inmaterial de la Humanidad, y afirma:

«Estas construcciones constituyen un testimonio de los métodos y prácticas usados por las poblaciones desde la prehistoria hasta la época moderna, con vistas a organizar sus espacios de vida y trabajo, sacando el máximo partido de los recursos naturales y humanos locales. Los muros de piedra seca desempeñan un papel esencial en la prevención de corrimientos de tierras, inundaciones y avalanchas, en la lucha contra la erosión y desertificación de terrenos, en la mejora de la biodiversidad y en la creación de condiciones microclimáticas propicias para la agricultura».


Baixando cara á Barda:

Xa vemos a praia. Está ubicada nunha ensenada, é unha praia aislada e solitaria onde fondean pequenas embarcacións:

A praia de A Barda non ten nada que envexar a algunha do Caribe. Praia super tranquila, onde o mar parecía unha lagoa e rodeada de vexetación. 



Agora toca subir:

Contemplando o precioso azul do océano:

E impresionantes cantís.

O nivel da ruta é por veces ben esixente:

Esta é Punta das Eiras:

A última subida cara á aldea de O Roncudo:

A aldea de O Roncudo ofrece unha arquitectura popular ben conservada e adaptada ao entorno deste lugar que ten que soportar no inverno duras condicións climatolóxicas por eso está protexida con grandes muros de pedra. Hai moi poucas casas, habitadas só dúas; outras están restauradas e alquílanse en verán.
Hai unha grande cantidade de hórreos en pedra o que dá idea da economía desta zona.



Dende esta aldea, o noso taxista Julio levounos ata a vila de Corme onde comemos no Restaurante Miramar un menú do día moi abundante e saboroso por un módico precio.
Despois de comer demos uns paseos para coñecer esta vila. Pertence ao concello de Ponteceso e é unha pequena vila mariñeira coñecida por ser onde se atopa o mellor percebe do mundo, na zona do Roncudo.
Debemos resaltar que estamos no Porto de Corme xa que máis arriba existe Corme aldea.


Monumento ao percebe en Corme


Monumento ao percebeiro no porto de Corme

Dende aquí voltamos á aldea do Roncudo xa que nos quedaba de facer a baixada ao faro. A tarde púxose fea porque apareceu a néboa e por veces acompañada de auga o que dificultaba a toma de fotos e a calidade das mesmas.




Ao lonxe, xa vemos o faro e os cantís onde os percebeiros e percebeiras traballan para arrincar os percebes. Non é de estrañar que sexan caros porque se xogan a vida continuamente aínda que hoxe en día traballan con máis seguridade.


Este é un lugar emblemático na Costa da Morte no que hai varias cruces postas na honra de pescadores que tragou o mar.


Un faro sinxelo, nun lugar agreste que produce unha sensación inquietante sobre todo no inverno ou en días coma o de onte, con néboa e chuvia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario