A ruta de hoxe vai de Concepción en Concepción. Empeza nunha capela dedicada á Virxe da Concepción e remata noutra capela dedicada á mesma santa. Curioso, non? En dúas parroquias distintas pero as dúas pertencentes ao mesmo oncello: Foz. Pasaremos ademais por outra capela: a das Flores, en Nois.
É unha ruta curta, sen apenas dificultade e aínda que transcorre toda por asfalto eu atopeime o día que a realicei cun só coche en todo o traxecto.
CARACTERISTICAS:
Lonxitude: 5 km. aprox.
Dificultade: baixa
Ruta lineal
DESCRIPCIÓN
Saimos dende o barrio de Lousada en Fazouro. Este barrio, situado na parte alta da parroquia, é un verdadeiro balcón cara á costa cunhas panorámicas preciosas do Cantábrico; en días despexados pódese ver ata o faro de Navia.
A ubicación da saída, AQUÍ:
Estas son as vistas dende o lugar da saída, ao pé da capela da Concepción:
|
Capela da Concepción en Lousada |
Partimos dende aquí cara a Nois.A uns 100m, temos este cruce. Debemos seguir de frente. Se collemos á dereita, meterémonos de cheo no barrio de Lousada.
Un pouco máis adiante vemos "A punta do Castro" como é coñecida esa zona da aldea onde efectivamente se sitúa o Castro de Fazouro.
Un enorme ciprés destaca entre as plantacións de eucaliptos:
E nuns 100m. aprox xa vemos a parte da parroquia de Nois pegada ao mar:
E con gran satisfacción contemplamos unha enorme plantación de castiñeiros. Dá gusto ver árbores autóctonas nesta zona inundada de plantacións de eucaliptos.
E xa contemplamos o cabo de Burela ao lonxe:
Imos chegar a un cruce no que seguiremos de frente e xa veremos o pazo de Covas. Estamos na parroquia de Nois.O pazo de Covas do S. XVII, conserva aínda parte do esplendor que debeu de ter. A pesares de que algunhas partes do mesmo aparecen algo descoidadas,en liñas xerais está ben conservado e en épocas vacacionais sempre hai moradores neste lugar.
"Si tiene palomar, capilla y ciprés, pazo es" di o refraneiro popular. E aquí atopamos as tres cousas.
O pazo consta do edificio principal cunha enorme galería acristalada e a capela adosada a este edificio.
Logo hai outras dúas construccións, unha casa señorial moi grande que non atopei información de a quen pertencía pero polas dimensións da mesma e a entrada cun portalón de pedra, parece que fose habitada por algún membro da familia ou mesmo como ampliación do pazo; e outra máis pequena hoxe restaurada que poido facer as veces de corte de animais.
Posúe un hórreo bastante grande e un pombar dentro dunha finca na actualidade con moitas árbores e plantas.
Está situado este pazo nun lugar privilexiado con amplas vistas ao mar e as fincas que o rodean tamén petencen na meirande parte aos donos do mesmo.
Eu recordo ás xentes de Fazouro e Nois dicir que pagaban a renda "á señorita de Covas"
|
Preciosa fonte nun entorno coidado |
|
Vemos o muíño xunto á casa. Ámbolos dous están restaurados. |
Voltamos sobor dos nosos pasos para volver ao cruce e pillar cara a Cordido.Agora xa divisamos Cangas:
Imos ter unha pequena subida, moi lixeira:
E aparece esta sorpresa! Froito de algo que quixo ser e polo motivo que fose, non foi. Agora luce así comesto pola vexetación, afeando a paisaxe:
A carretera que vai de Nois a Cordido é moi solitaria. Non atopei a ninguén. Iremos por ela un km e medio aprox.
Uns piñeiros que queren medrar no medio dos eucaliptos:
Ao chegar a este cruce, collemos á dereita.
En 100m. aprox. xa vemos as primeiras casas de Cangas e o mar ao fondo. Non collemos cara a Ribela, seguimos de frente:
Deseguida chegamos á capela de Ribela pero está tan escondida e é tan pequeniña que non se ve ata estar ao pé dela:
Ten unha forma curiosa esta capela da Concepción:Dende aquí, temos unhas vistas marabillosas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario