luns, 14 de setembro de 2020

O CAMIÑO DOS FAROS (Tramo IV: Porto de Corme- Ponteceso)



 O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo que une Malpica con Fisterra pola costa e transcorre por 9 concellos. Ao longo dos seus 200 km. podemos ver tódolos faros desta zona e os principais puntos de interese da Costa da Morte.

É unha ruta que desperta sensacións únicas e na que se contemplan paisaxes moi diversos: faros, praias, cantís, dunas...pero tamén vilas mariñeiras, castros dólmenes.,.

Non é ningún paseo á beira do mar porque ten tramos dificultosos, desniveis, chan irregular xa que esta costa é moi abrupta e aínda que ten tramos moi sinxelos bordeando o mar tamén sube algún monte.

O Camiño dos Faros xurdíu no 2012 a partires da idea de 6 amigos que pensaron que sería boa idea unir Malpica con Fisterra pola beira do mar. Eles abriron o camiño. Logo fóiselles unindo máis xente e promocionaron esta ruta, dérona a coñecer en moi diversos medios, creouse unha Asociación, páxina en facebook e esta páxina á que vou poñer un enlace onde poderedes saber todo o referente á ruta, etapas, recomendacións para facela, historia da mesma...etc etc é unha páxina moi, moi  interesante, moi clara e instructiva. Se decides realizar esta ruta non deixes de botarlle un ollo.

Toda a información AQUÍ

É moi importante e, se entrades na páxina anterior poderedos lelo, o traballo inmenso que desenrolou esta Asociación de O Camiño dos Faros para promocionar esta ruta e poder homologala; algo que aínda non conseguiron e que dende logo parece mentira que unha ruta con tantísimo potencial paisaxístico, cultural e que redundaría sempre en beneficio económico para a zona non esteña homologada dende hai anos. Lendo o que eles contan, vense os atrancos que atoparon e os moitos organismos e administracións diversas coas que tiveron que lidiar. 

En fin, poden sentirse ben contentos e orgullosos de promocionar, de dar a coñecer unha ruta que cada día ten máis adeptos e percorre máis xente. Nótase que aman a súa terra. Agora homologar, coidar, conservar decente esta fermosísima e importante ruta xa non depende das persoas particulares se non dos distintos concellos e /ou organismos competentes.

A ruta está dividida en 8 etapas pero a nós parécennos demasiado longas(20 e pico e incluso 32 km.) e decidimos dividir cada unha delas en dúas para así facelo máis levadeiro e desfrutar sen présa ningunha das marabillas que nos ofrece.

Nós xa rematamos a 2ª etapa. Imos facendo por tramos axeitados ao noso ritmo e realizamos as dúas primeiras etapas en catro. Os tres primeiros podense ver aquí:

https://rutasdesendeirismo.blogspot.com/2020/08/camino-dos-faros-costa-da-morte-tramo.html

https://rutasdesendeirismo.blogspot.com/2020/08/o-camino-dos-faros-costa-da-morte-tramo.html

https://rutasdesendeirismo.blogspot.com/2020/08/o-camino-dos-faros-tramo-3-santa-marina.html

Imos coa etapa 4ª.

CARACTERÍSTICAS:

Lonxitude: 11km. aprox.

Dificultade: Baixa ou nula nalgúns tramos, media noutros e alta nunha curta subida. Predomina a dificultade baixa.

Ruta lineal ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:

Partimos do porto do Corme. A ubicación AQUÍ

Imos polo paseo marítimo de Corme

A uns 50m . atopamos a pequena praia da Arnela:

Praia urbana moi recollida

Continuamos por un paseo ao outro lado da praia da Arnela con árbores e mesas con bancos:


E deseguida chegamos á praia de Osmo. Unha preciosa praia pequena, tranquila, de area moi fina e cunhas augas cristalinas nas que apetece darse un baño:


Despois de cruzar esta praia, collemos un sendeiro de terra no que por un momento deixamos de ver o mar:


Desguida chegamos á preciosa praia da Ermida, a máis grande de Corme, unha tranquila praia de augas claras e moi azuis rodeada de piñeiros:

No medio da praia vemos a illa da Estrela


A illa da Estrela que vemos na praia da Ermida é escenario de múltiples lendas e seica existen aí os restos dun antigo castro e dunha antiga capela. Nós non vimos nin un nin outra.

Dende aquí vemos a illa da Estrela e Corme ao fondo

Continuamos ruta por un camiño estreito:

 

Contemplando sempre fermosas panorámicas

Ao fondo, Laxe

 

E chegamos á pequena praia de Río Covo:


Xusto en frente está Laxe


A partires de aquí iremos por un sendeiro a media ladeira:



Que á veces se complica:


Sobre todo cando hai que emprender esta subida polo Monte da Facha que nos levará ata A Parede.

O nome de Monte da Facha vén de cando os veciños  desta zona, en tempos remotos, se xuntaban neste lugar ao divisar pola mar tropas invasoras. Entón encendían un lume ou facha para avisar de que había que recoller o gando e as súas pertenzas e refuxiarse nos montes ata que o perigo pasaba.



A dura pero curta subida ten a súa recompensa ao chegar arriba e contemplar as panorámicas que se nos ofrecen dende tódolos ángulos:

Laxe ao fondo


 Ría de Corme e Laxe. Corme, ao fondo
Tamén vemos a ensenada da Insua e a Barra por onde desemboca o río Anllóns.
Por esa senda baixaremos a Balarés

Baixamos á praia de Balarés por unha senda rochosa:

É unha baixada curtiña. Deseguida vemos a praia.

Balarés, con  forma de ensenada, é unha praia de area fina e branca. Está rodeada por un precioso piñeiral con mesas,bancos e barbacoas, zona ideal para unha boa xornada estival.

Divídese en dúas calas: Balarés grande e Balarés pequena.

Entramos a Balarés polo muelle e xusto onde hoxe está un bar con terraza é onde estivo unha mina de titanio creada no 1936 e extinguida nos anos 60. Esta mina supuxo un importante apoio económico para a zona de Corme e Laxe nos duros anos da posguerra.


Un piñeiral moi coidado para pasar unha xornada tranquila

A partires de aquí, o camiño dos faros coincide coa ruta homologada PR-G 148 "Os Camiños do mar" que vai de Ponteceso a Corme.


Unha vista de Balarés dende o outro lado:


Atopamos caramiñas. Esta planta en peligro de extinción dá nome a Camariñas.

Imos cara ás dunas de Monte Branco

 
A duna de Monte Branco de 150m de altura é unha das máis grandes de Europa. O vento tan forte que sopra nesta zona foi elevando a area a través do monte ata incluso sobrepasalo.


A ruta descorre polo exterior da duna, pola Punta de Veo:

Nesta foto sae un trociño da illa  A Tiñosa. A esta illa só se pode acceder uns días no ano, cando as mareas son moi vivas.


Vemos en frente a praia da Barra e a ensenada da Insua co río Anllóns desembocando:



Parece que camiñamos por un deserto:


Atravesamos un pequeno piñeiral:

E chegamos a un observatorio ornitolóxico. Nesta zona nidifican varias aves e é zona de paso doutras:
Vemos un poste de información pero esta desapareceu; non sabemos se deteriorada polo paso do tempo ou por un acto vandálico.

Entramos agora nunha pasarela de madeira:

E deseguida entramos nunha pista de zahorra no Malecón do Couto que separa as augas do río Anllóns da marima evitando así que se inunde esta.

E chegamos ao remate do tramo de hoxe vendo a ponte que dá nome a esta vila de Ponteceso e a casa natal do escritor Eduardo Pondal, autor da letra do Himno galego:




Deixo un vídeo de " De Rutas y Sendas" que reflicte perfectamente a 2ª etapa que nós realizamos en dous tramos:


Ningún comentario:

Publicar un comentario