Como xa comentei, nós partimos en tramos ao noso xeito as etapas oficiais do Camiño para facelas máis levadeiras para nós.
CARACTERÍSTICAS:
Lonxitude: 12km. aprx.
Dificultade: media- alta
Ruta lineal moi ben sinalizada
DESCRIPCIÓN:
Saimos do Porto de Barizo que está situado AQUÍ:
Porto de Barizo coa praia do mesmo nome ao fondo |
Ao final das casetas está a continuación da ruta. |
Empeza un tramo dificil subindo entre rochas:
Igualito que as cabras...pero a nós gústannos os sendeiros así! |
Ese día o mar parecía unha lagoa do calmo que estaba:
Ao fondo vemos as illas Sisargas |
A medida que gañamos altura, as vistas vólvense espectaculares. Estamos ascendendo ao Monte Nariga:
Non hai présa. Merece a pena pararse...
Logo da intensa subida, toca baixar agora:
Contemplando estes cantís, sentímonos ben pequeniños:
Ata o faro de Punta Nariga, o camiño é un continúo sube e baixa entre rochas:
Dende a cima de Monte Nariga, vemos o faro por vez primeira:
Por ese sendeiro nos imos achegando ao faro:
Vemos curiosas formas nas rochas:
O Faro de Punta Nariga, do arquitecto César Portela, entrou en funcionamento no 1998 o que o converte no faro máis novo de Galicia.
O faro recorda a proa dun barco.
A escultura "Atlante" é obra de Manolo Coia e ten forma entre un ser humano e unha gaivota.
Continuamos a ruta bordeando a costa:
Cunha importante pero curta baixada:
A partires de aquí o sendeiro non ten ningunha dificultade:
E chegamos á praia de Niñóns onde remata oficialmente a 1ª etapa desta ruta. Xa estamos no concello de Ponteceso
A praia de Niñóns é unha praia moi tranquila e está rodeada de árbores. A pesares de que estaba baleira, parece ser un bo lugar para relaxarse e desfrutar da natureza en estado puro:
Abandonamos a praia pola esquerda, atravesando sen problemas unha pequena lagoa
E imos sumerxirnos durante uns 500m. nun bosque onde primeiro aparecen os restos do que foi un muíño de auga:
Deseguida aparecemos outra vez na costa e desfrutamos das vistas desta preciosidade de praia: a praia do Morro
O mar ten hoxe un color azul turquesa precioso:
Vemos as continúas furnas que o mar foi labrando na rocha:
Dende un recanto vemos o noso destino final de hoxe: o porto de Santa Mariña.
Seguimos vendo recónditas calas de finísima area e mar color turquesa ás que só se pode acceder por mar:
Chegamos á carretera:
Andamos uns 100m. e xa estamos en Santa Mariña onde poñemos punto final á ruta de hoxe
Deixo agora un vídeo de "Rutas y Sendas"que explica de forma clara e detallada a 1ª etapa deste Camiño dos Faros que nós partimos en dúas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario