Hoxe empezamos a 3ª etapa pero nós partirémola en dúas e hoxe chegaremos ata o Castro de Borneiro.
A etapas anteriores están aquí:
https://rutasdesendeirismo.blogspot.com/2020/09/o-camino-dos-faros-tramo-iv-porto-de.html
https://rutasdesendeirismo.blogspot.com/2020/08/o-camino-dos-faros-tramo-3-santa-marina.html
https://rutasdesendeirismo.blogspot.com/2020/08/o-camino-dos-faros-costa-da-morte-tramo.html
https://rutasdesendeirismo.blogspot.com/2020/08/camino-dos-faros-costa-da-morte-tramo.html
CARACTERÍSTICAS:
Lonxitude: 9,5km.
Dificultade: baixa
Ruta lineal ben sinalizada
DESCRIPCIÓN:
Empezamos polo tanto en Ponteceso, onde rematamos a anterior.
Ubicación de Ponteceso, AQUÍ
Deixamos os coches no mesmo lugar onde rematamos o último día o Paseo do Malecón que é tamén o punto onde comenza a ruta PR-G148 que vai de Ponteceso a Corme.
Camiñamos uns 50m. ata chegar xunto á casa natal de Eduardo Pondal que se ubica xunto á ponte que dá nome a esta localidade:
Saíndo cara á ponte |
O río Anllóns |
Casa natal de Eduardo Pondal |
Cruzamos a ponte e imos por carretera 1km. aprox.:
E introducímonos entre árbores:
E aquí, nesta praia, empezamos a Senda do Anllóns que se atopa nun dos espazos naturais máis importantes de Galicia: a ensenada da Insúa. É este un percorrido de pouco máis de 3km. onde imos vendo a desembocadura do Anllóns.
Chegamos á praia da Urixeira, que o xabarín tamén visitou como se pode ver na herba:
Toda esta ensenada é unha zona moi rica onde moita xente se adica ao marisqueo e onde centos de aves atopan refuxio.
Imaxes do precioso paseo:
E chegamos á Praza do Pendón na que atopamos un mural de cerámica realizado por alumnos dun IES da comarca como homenaxe aos afectados polo accidente nuclear de Fukushima:
Na praza de Candúas rematamos a senda do Anllóns vendo enfrente uns asteleiros que tiveron gran importancia nesta zona:
Cruzamos o paso cebra para adentrarnos nunha paisaxe moi diferente pero non menos fermosa: O Rego dos Muíños:
A senda trancorre primeiro por unha pasarela de madeira |
Hai muíños en bastante bo estado de conservación |
Todos eles conservan o pé do rodicio. |
Canle que levaba a auga do rego ata o muíño |
Por dúas veces cruzamos unha pista estreita asfaltada. Temos que seguir pola beira do rego:
Hai bastantes muíños en estado ruinoso. |
Camiñamos entre unha frondosa vexetación na que apreciamos bidueiras, amieiros, castiñeiros, carballos...
A senda agora xa non é de madeira. |
O Castro destaca polo seu grande tamaño. |
Este castro non foi romanizado |
E aquí rematamos o tramo de hoxe!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario