O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo que une Malpica con Fisterra pola costa e transcorre por 9 concellos. Ao longo dos seus 200 km. podemos ver tódolos faros desta zona e os principais puntos de interese da Costa da Morte.
É unha ruta que desperta sensacións únicas e na que se contemplan paisaxes moi diversos: faros, praias, cantís, dunas...pero tamén vilas mariñeiras, castros dólmenes.,.
Non é ningún paseo á beira do mar porque ten tramos dificultosos, desniveis, chan irregular xa que esta costa é moi abrupta e aínda que ten tramos moi sinxelos bordeando o mar tamén sube algún monte.
O Camiño dos Faros xurdíu no 2012 a partires da idea de 6 amigos que pensaron que sería boa idea unir Malpica con Fisterra pola beira do mar. Eles abriron o camiño. Logo fóiselles unindo máis xente e promocionaron esta ruta, dérona a coñecer en moi diversos medios, creouse unha Asociación, páxina en facebook e esta páxina á que vou poñer un enlace onde poderedes saber todo o referente á ruta, etapas, recomendacións para facela, historia da mesma...etc etc é unha páxina moi, moi interesante, moi clara e instructiva. Se decides realizar esta ruta non deixes de botarlle un ollo.
Toda a información AQUÍ
É moi importante e, se entrades na páxina anterior poderedos lelo, o traballo inmenso que desenrolou esta Asociación de O Camiño dos Faros para promocionar esta ruta e poder homologala; algo que aínda non conseguiron e que dende logo parece mentira que unha ruta con tantísimo potencial paisaxístico, cultural e que redundaría sempre en beneficio económico para a zona non esteña homologada dende hai anos. Lendo o que eles contan, vense os atrancos que atoparon e os moitos organismos e administracións diversas coas que tiveron que lidiar.
Enfin, poden sentirse ben contentos e orgullosos de promocionar, de dar a coñecer unha ruta que cada día ten máis adeptos e percorre máis xente. Nótase que aman a súa terra. Agora homologar, coidar, conservar decente esta fermosísima e importante ruta xa non depende das persoas particulares se non dos distintos concellos e /ou organismos competentes.
A ruta está dividida en 8 etapas pero a nós parécennos demasiado longas(20 e pico e incluso 32 km.) e decidimos dividir cada unha delas en dúas para así facelo máis levadeiro e desfrutar sen présa ningunha das marabillas que nos ofrece.
Pois co tramo de hoxe rematamos xa a terceira etapa.
CARACTERÍSTICAS.
Lonxitude: 16 km.
Dificultade: Media- baixa
Ruta lineal ben sinalizada pero hai que ir moi atento/a nos cruces.
Saimos dende rematamos o último día: Castro de Borneiro. Este Castro está AQUÍ
Saíndo do Castro |
Imos uns 200m. por esta ancha pista:
E deseguida temos que cruzar a carretera AC-430 para pillar esta pista á dereita:
Que nos vai levar deseguida á aldea de Vilaseco:
Tosoa eles están en perfecto estado de conservación e pensamos que aínda hoxe lles deben dar uso xa que son moitísimas as terras de millo que atopamos.
Moito coidado ao final deste camiño que parte de Vilaseco xa que nós non nos fixamos nas marcas do chan e torcemos á dereita cando hai que, ao pé dun campo de fútbol, seguir de frente. Nós volvemos sobre os nosos propios pasos e xa vimos as frechichas verdes que non víramos:
Se queres ler máis sobre este monumento, pincha AQUÍ
Continuamos a nosa ruta por un trazado de carretera que de momento non ten dificultade ningunha e vemos xa outra aldea: Fontefría.
Ao chegar ao medio desta aldea hai que ir pillar á esquerda nun cruce. A carretera chega a unha casas e debemos coller ese camiño á dereita. Debemos ir atentos para ver as frechas que o indican:
Seguimos uns metros máis por esta pista e deseguida hai que pillar á dereita. Moito ollo, eu pasábame. A frechiña está nesa rocha:
As marquiñas verdes(puntos, frechas e peíños) poden aparecer en calquera sitio: nunha árbore, nun poste, no chan...
Ao fondo empeza a subida ao Monte Castelo:
É unha subida con bastante desnivel pero moi curtiña: 1km. aprox.
Laxe ao fondo |
Estuario do Anllóns |
Tamén hai que ir con ollo nesta baixada xa que deseguida temos que pillar á dereita e non seguir de frente. O sinal está nun piñeiro.
Deseguida chegamos a unha carretera asfaltada pola que andamos uns 10m. e collemos á dereita por unha pista de zahorra (as frechas están na carretera)
E a continuación cruzamos a aldea de Canduas
A carretera segue á dereita, nós temos que ir de frente:Esta vila que vemos é Canduas e se nos fixamos ben na foto, podemos ver a torre da igrexa de S. Martiño que foi edificada sobre os restos do que fora un monasterio benedictino.
Os cruceiros de pedra tamén se deixan ver durante todo o percorrido:
Ao fondo, Corme |
E imos chegando á praia de Rebordelo. É a praia máis grande do concello de Cabana, tranquila e rodeada de piñeiros e que está partida en dúas xa que as separa a Punta da Catuxa.
Continuamos á beira do mar subindo e baixando por esta abrupta e preciosa costa:
Ata chegar á Punta do Cabalo dende a que temos unhas boas panorámicas:
E deseguida estamos en Punta Rubia, dende a que xa divisamos o noso destino de hoxe: Laxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario