Hai uns anos relizamos en Mondoñedo a Ruta da Auga. Daquela fixeramos a ruta curta, a que sobe ao Salto do Coro e volta xa a Mondoñedo.
Témola aquí:
RUTA DA AUGA (TRAMO CURTO)
Hoxe fixemos a ruta máis longa. Neste mapa, pódese ver claramente. É dicir, realizamos o tramo de vermello, o de amarelo e o malva.
CARACTERÍSTICAS:Lonxitude: 15,5km.
Dificultade: Media- baixa
Ruta circular ben sinalizada que ofrece varias modalidades de percorrido.
DESCRIPCIÓN:
A ruta arranca do centro de Mondoñedo, da Fonte Vella. A ubicación, AQUÍ
A Fonte Vella está sitúada frente ao Pazo Episcopal e foi mandada construir polo bispo Diego de Soto no S. XVI. Na parte máis alta da construcción atopamos o escudo de Carlos I e na parte baixa nos lados atopamos os escudos do bispo que a mandou construir.
Como a Plaza da Catedral queda ao ladiño mesmo, aínda demos uns paseos por alí:Ao lado mesmo da Fonte Vella está casa natal de Álvaro Cunqueiro o insigne escritor:Empezamos a camiñar por unha leve subida encaixonada:
Deseguida ganamos altura e temos unhas fermosas vistas de Mondoñedo: |
Seminario |
|
A catedral destacando |
Imos por un estreito carreiro:Que deseguida se abre a unha pista máis ancha:
Que nos deixa estas vistas:Deixamos a pista ancha de terra para coller á dereita:
E chegamos á aldea case abandonada de Valiñadares:
Temos unha pequena subida:
Pouco despois chegamos a unha canteira abandonada:
Empezamos a subida ao Salto do Coro que non é moi longa pero si esixente:
Subimos pegados ao río Valiñadares: |
A auga cae dende unha altura de 15m. |
Retrocedemos uns 150 metros e empezamos a ascenso polo carreiro das sete voltas. Son 800m moi empinados.
|
Pillamos á esquerda onde está o letreiro |
E chegamos á aldea de Barral: |
Capela de S. Antón |
Continuamos agora por unha carretera sobre 2km.
Neste cruce temos a opción de acurtar a ruta indo cara a Supena ou alongala bastante indo cara á cova do Rei Cintolo (Para vela por dentro hai que reservar chamando á Oficina de Turismo) Nós fixemos a ruta longa (Co bucle de Supena).
Continuamos un bo tramo por carretera cunha importante subida:
Por esta pasarela de madeira iriamos á Cova do Rei Cintolo. Como non a íamos visitar seguimos camiño.
A carretera segue costa arriba:Ata chegar a este cruce que nos levará a Pausalido:
Pausalido é unha aldea case abandonada. Só viven aquí 4 persoas:
A partires de aquí deixamos por fin o asfalto e entramos nunha preciosa zona onde predominan as árbores autóctonas dentro de frondosos bosques e soutos:
Atravesamos o río:E chegamos á aldea de Pacios:
A ruta segue a ofrecernos unhas paisaxes únicas:
|
Daba pena deixar tantísimas castañas como había |
E chegamos á aldea de Vilar. Esta aldea pertencía a dúas familias que no ano 2003 a cederon ao concello de Mondoñedo para a súa restauración.
No ano 2019 inaugurouse este conxunto etnográfico que consta dun albergue con 54 prazas con tódolos servicios, un Centro da Prehistoria e unha aula da natureza.
A ruta segue cara a Supena:
A ruta está moi ben sinalizada. Só que hai que levar claro o tramo que queres facer:
É ben raro que á beira dun río non atoparamos algún muíño:
Saimos nesta carretera que temos que cruzar:
E collemos esta pista ancha:
Á nosa dereita queda a pequena aldea de Supena:
Camiñamos por unha ancha pista rodeada de árbores ata ir sair á canteira pola que pasáramos antes. As árbores xa empezan a amosar as cores de outono:
OLLO! na canteira podemos pillar o camiño por onde viñéramos antes e volveriamos ao mesmo sitio de onde saimos, á Fonte Vella, pero seguimos de frente e a uns 50m. atopamos de novo o desvío para o Salto do Coro. Como xa subimos antes, seguimos de frente, cara a Mondoñedo:
Dende aquí imos por asfalto durante uns 2 km.:
Unha carretera sen apenas tráfico, un agradable paseo co río Valiñadares á nosa dereita:
Contemplando as ricas hortas de Mondoñedo e pequenas aldeas:E imos chegando o Barrio de Os Muíños. así chamado porque nesta zona houbo gran cantidade de muíños que aproveitaban a auga do río Valiñadares mediante canles artificiales. Algúns consérvanse na actualidade aínda que ningún funciona.
Estes muíños e outros inxenios hidraúlicos servían para o traballo de panadeiros, oleiros, ferreiros...era este un barrio de artesáns.
|
Entramos a Mondoñedo por aquí |
|
Praza no barrio de Os Muíños |
Ponte do Pasatempo: a muller de Pardo de Cela, dona Isabel de Castro, viña de Castela co indulto do seu home que ía ser axusticiado pero nesta ponte foi entretida por orde do bispo de Mondoñedo e o indulto non chegou a tempo.
Canle de auga que servía para os muíños cunha grandes lousas para entrar:
Ningún comentario:
Publicar un comentario