Hoxe realizamos unha preciosa ruta que non hai moito que foi homologada e sinalizada: A ruta da Fontaneira no concello de Baleira, moi cerca da capital do municipio: O Cádavo e que ten o nome doa aldea onde empeza e remata esta ruta: A Fontaneira.É unha ruta onde desfrutaremos de excelentes panorámicas xa que nos situaremos varias veces en altitudes superiores aos 700m. e na que desfrutaremos de paisaxes verdadeiramente espectaculares con árbores autóctonas de todo tipo. Non hai que esquecer que estamos en plena fraga da Marronda e cruzarémonos de feito coa ruta PR-G 245 que é a que dá nome á ruta de sendeirismo que vai por dita fraga.
Características:
Lonxitude: 13,6km. (poden ser 12 e pico se non se visitan os muíños de Penas e Estornín que son 1,400km. ida e volta)
Dificultade: Media
Ruta circular moi ben sinalizada.
Descripción:
Partimos da aldea de A Fontaneira que pertence ao concello de Baleira e está só a 5 minutos de O Cádavo, a capital municipal:
O lugar de inicio da ruta AQUÍ
|
Este edificio que hoxe alberga o único bar da aldea, foi antiguo hospital de peregrinos. Non hai que esquecer que por aquí pasa o Camiño Primitivo de Santiago |
A Fontaneira é unha preciosa e pequena aldea restaurada, con fermosas casas de pedra:A ruta empeza xunto a igrexa de Santiago da Fontaneira:
Empezamos camiñando por unha ancha pista con excelentes vistas:A ruta está moi ben sinalizada.
Neste punto subimos ver a Cova dos Mouros. Hai que desprazarse da ruta 130m pero vale moito a pena aínda que só sexa pola paisaxe que hai que atravesar , todo son carballos e moitos acivros. Unha fraga de conto:
Nas paredes da Cova dos Mouros existen unha pinturas rupestres prehistóricas realizadas con pigmento vermello e outras cores que datan entre o 5000 e o 1000 a.C
Panorámica dende a Cova dos Mouros: No desvío á Cova dos Mouros vimos os primeiros acivros dos moitos que atoparemos ao longo da ruta:
Retomamos a ruta e seguimos camiñando entre acivros:
Imos á 1ª costa! A que se ve ao frente. É moi cortiña. Só o que se ve:
Chegamos ao Mirador de Suagrande:
As vistas son excelentes:
Agora empezamos a baixar:
Desfrutando das vistas sobre a fraga:O camiño é ancho e cómodo:
E chegamos ao lugar de Suagrande. Só hai esta casa e parecía deshabitada:
Esta femosura que atopamos non sei se é un acivro, polas boliñas que ten paréceo pero...onde lle van as follas verdes?
Deseguida chegamos ao Rego de Cubilledo que temos que cruzar:
Entramos agora nunha carballeira chamada "O Carballal". O nome o di todo:
Neste cruce temos a opción de seguir a ruta ou de desviarnos 700m. para ir visitar os Muíños de Rega e de Estornín.Nós optamos por ir visitar os Muíños. estes non valen moito a pena xa que un (o de Estornín nin sequera o atopamos e o de Penas está totalmente en ruínas) pero merece a pena o desvío se se vai con tempo, xa que o entorno é precioso!
Os acivros seguen estando moi presentes:
O Rego de Cubilledo é o que daba auga a estes muíños. Este é o muíño de Penas. Está en ruínas.
Dende aquí, temos que desandar o andado para retomar a ruta. Imos camiño de Estornín por unha fraga preciosa chea de carballlos centenarios:
Un pouco máis adiante, ábrese a paisaxe e xa podemos ver a aldea de Estornín:
Aquí, a nosa ruta crúzase coa PR-G 245:
Empezamos a baixar:E agora a subir. Atopamos asfalto por vez primeira dende que saímos pero só vai durar 1km. aprox:
De tódolos xeitos é unha carretera totalmente solitaria. A un lado temos carballos e ao outro, eucaliptos.
Observamos o camiño polo que acabamos de baixar:E chegamos a Estornín, unha moi pequena aldea (no 2011 tiña 9 habitantes) eminentemente agrícola situada nun alto e rodeada de prados que pola súa inclinación dan idea do dificil que debe ser traballar por estes lares:
Deixamos atrás Estornín:
Aquí remata o asfalto xa que colleremos á esquerda:Imos xa cara á Fontaneira de novo e toca seguir subindo:
As vistas son espectaculares. Estamos a moita altitude:
De frente vemos un tramo do camiño que percorremos antes, baixando dende o Mirador de Suagranda:
A paisaxe que nos rodea agora cambiou moito. Xa aparece algún eucalipto:
Pero de súpeto parece que estivesemos nalgún país nórdico polas árbores que vemos. Seguimos subindo aínda:
Estas vacas recórdannos que estamos nunha zona gandeira:
Este é o punto máis alto de toda a ruta:
Agora cruzamos un monte durante uns poucos metros:E desembocamos nun estreito sendeiro costa arriba :
Que nos achega deseguida de novo á preciosa aldea de A Fontaneira:
Ningún comentario:
Publicar un comentario