sábado, 21 de novembro de 2020

FERVENZA DA XESTOSA E OUTROS LUGARES (OUROL)

 Ourol é un concello da provincia de Lugo que pertence á comarca da Mariña Occidental. É un concello moi extenso pero está moi despoboado: no 2018 contaba con  1018 habitantes. Esta tendencia de ir perdendo habitantes é constante dende hai ben anos.

Hoxe descubrín que este concello ten moito que ofrecer ao visitante: unha natureza exuberante, unha fervenza espectacular nun marabilloso entorno, casas de indianos.o Paseo da Rega, igrexas moi grandes situadas en entornos idílicos...

Non hai ningunha ruta de sendeirismo sinalizada nin  homologada neste concello pero por eso podemos achegarnos igual a esta zona. Eu usei o coche para moverme dalgún sitio a outro bastante distanciados e tamén atopei lugares para camiñar. Agora o conto.

Primeiro fun ver a fervenza do río Xestosa. Está situada AQUÍ (Na carretera que vai a Muras)

Está moi preto da carretera. (Uns 100m. aprox.) nun entorno ben fermoso, primeiro temos que atravesar un piñeiral:



Se seguimos o camiño ancho, por arriba, veremos a fervenza caer dende o alto:


E seguindo un pouco máis atopamos unha presa e vemos a nova carretera que pasa por encima:


Dende aquí, din a volta e xa baixei á base da fervenza por un carreiro entre piñeiros que é ben visible e ademais o son da auga xa nos leva:

A fervenza non ten moita altura pero é espectacular. É moito máis ancha que outras que teño visto e ademais moi caudalosa:



Despois seguín o camiño ancho que vai paralelo á carretera (por ver onde ía dar) É un camiño moi doado de andar, todo en chao e levando o río Xestosa á dereita aló embaixo e por riba a carretera:


Un agradable paseo no que deseguida muda a paisaxe: os piñeiros dan paso a castiñeiros e carballos que dada a época do ano, están sen follas:

De súpeto o camiño remata nesta carretera. Hai que dar a volta.

Collo o coche e xusto onde aparquei hai un letreiro que pon "O Viso". Soame ese nome porque lin unha noticia  de que esta aldea, abandonada dende hai máis de 30 anos, vai renacer como aldea de turismo rural xa que unha empresaria francesa aspira a inaugurar no 2021  O Viso Ecovillage , un aloxamento con cinco habitacións, once apartamentos e retaurante vegano.
A aldea aparece vallada e aínda en obras. Esto é o máis preto que se pode estar dela

Despois dirixinme cara a Ourol pero antes parei a comer nun entorno idílico: xunto á igrexa de Santa María de Xerdíz:

Co seu cruceiro:

A súa casa rectoral inmensa, coma todas:

O seu recollido Campo da Festa:

E despois funme para Ourol. Nesta tranquilísima vila (penso que vin tres persoas), desfrutei vendo as fermosas casas de indianos. Neste concello ao igual que noutros da Mariña como Ribadeo, Viveiro... houbo bastante emigración a Cuba. Como resultado, os que lograban facer fortuna, volvían ás súas localidades de orixe e construían grandes casonas que nalgúns casos parecían pazos e tamén subvencionaban escolas, hospitais...



E descubrín o Paseo da Rega. Un precioso percorrido de aprox. 1,5 km. cuns rincóns máxicos:








Despois de percorrer ida e volta este paseo (uns 3 km. en total) collo o coche e vou ver a igrexa de Ourol. Algo que me chamou moito a atención é que está situada ben lonxe do centro urbán (a uns 3 km. aprox) pero eso sí, nun lugar privilexiado, precioso.
Igrexa de Santa Mª de Ourol

Vista de Ourol dende a igrexa

As primeiras referencias desta igrexa son do S. XII

A casa rectoral, inmensa

A igrexa actual é o resultado de diversas reformas dun templo inicial

De camiño de volta xa para a casa, fun vendo máis casas de indianos:


A antiga escola, hoxe Centro Social


Tamén vin unha aldea, Sucamiño, totalmente abandonada:


E tamén visitei a igrexa de Santa Eulalia de Merille. Chamoume poderosamente a atención as igrexas tan grandes nestas aldeas tan pequenas:

A seguinte é a de Santiago de Bravos tamén no concello de Ourol. Esta igrexa data de finais do S.XVI, principios do XVII pero sufríu varias reformas ao longo dos anos.
Ademais de dedicarlle o día 25 de xullo ao seu patrón Santiago, nesta igrexa ten gran devoción a Virxe de Fátima en toda a zona. Nos anos 50, o párroco Vicente Gradaílle creou unha romaría na que no mes me maio acuden centos de peregrinos a venerar á Virxe.


Imaxe da Virxe de Fátima situada no adrio da igrexa
Casa rectoral











Ningún comentario:

Publicar un comentario