luns, 23 de novembro de 2020

RUTA DO VENTO (PR-G 83) TRABADA

 

Trabada é o concello de Lugo con máis rutas homologadas: cinco. Destas, coa de hoxe nós fixemos 3. As anteriores poden verse AQUÍ (Fraga da Becerreira) e máis AQUÍ(Fraga de Vilapena)

A ruta de hoxe transcorre toda ela por camiños que xa existían. A paisaxe que desfrutamos é fascinante porque atravesamos fragas cheas de distintas especíes arbóreas e contemplamos excepcionales panorámicas dende o Alto de Cerrochán.

Características:

- Lonxitude: 12km.

- Dificultade: Media-baixa

- Ruta circular ben sinalizada agás no alto de Cerrochán onde os sinais desaparecen, non sei se por mor das obras para a construcción dun parque eólico que agora hai alí.

Descripción:

A ruta parte dende a área recreativa de Chao do Couso. A ubicación AQUÍ

Onde vai o cabalo, cartel informativo da ruta

Área Recreativa de Chao do Couso

Imos por carretera uns 300m.

Deseguida pillamos á esquerda:

Imos subindo moi comodamente xa que o desnivel é moi pouco pero como xa empezamos a ruta nun punto elevado, as vistas son espectaculares:

Ao fondo o Val de Lourenzá



Desvíamosnos da ruta uns poucos metros para subir ao Mirador:
 Estamos no Alto de Cerrochán a 770m de altura:
A vexetación é a propia de lugares de montaña

Vistas dende o Mirador
Aquí atopamos un Vértice Xeodésico:Un punto que indica a posición xeográfica exacta dun lugar sobre o nivel do mar. 



Retomamos a ruta e atopamos unha fonte:


As únicas árbores que medran aquí son esta clase de piñeiros.

Panorámicas que imos vendo:


Agora toca baixar e coller á dereita:

E no seguinte cruce á esquerda:


Sempre se deben pechar estas cancelas que atopamos ás veces de sendeirismo: son para que o gando non escape:


Ás veces, a paisaxe ábrese e deíxanos estas vistas:

Adentrámonos agora nun monte de piñeiros moi frondoso.



E de súpeto, as árbores cambian e metémonos nunha fermosa fraga: a de Cabanela.

Xa son árbores fondosas: carballos, castiñeiros...

Tamén vimos moitos acivros


Unha fermosísima fraga onde semella que vai aparecer un trasno en calquera momento...

Con tanta frondosidade e regos que tamén hai, aparecen rincóns con moita humidade

 

Ademais de carballos, castiñeiros, acivros...tamén hai nesta fraga moitísimos freixos:



Chegamos a este cruce onde imos coincidir durante 2 km. coa ruta PR-G 85 (Ruta de Vilapena)


Durante 1km e medio aprox. tócanos subir este monte :

Ata chegar a este refuxio:


E agora adentrámonos noutra fraga: a de Vilapena:



Rematada a Fraga de Vilapena, queda ata Chao do Couso onde iniciamos ruta, 1,800m que van atravesando un monte de piñeiros:



Desembocamos nunha carretera. Na que baixa a Vilapena. Subimos 300m.

E chegamos ao punto de inicio:



Ningún comentario:

Publicar un comentario