Xuances é unha parroquia de Xove. Este concello situado na Mariña Lucense conta cunha poboación de cerca de 4000 habitantes e limita cos concellos de Viveiro e Cervo e co Mar Cantábrico.
En Xove realizamos a ruta de sendeirismo Morás-Portocelo, unha ruta costeira de gran atractivo e que podemos ver neste enlace
Xove conta con 8 parroquias e hoxe non imos traer ao blog como ata agora unha ruta de sendeirismo, se non un "paseo" por unha das parroquias de maior atractivo deste concello: Xuances.
Aparcamos ao carón da súa igrexa que é o primeiro que nos sorprende xa que se trata de unha igrexa de gran tamaño e elegancia para tratarse dunha pequena aldea.
É a igrexa de S. Pedro que data dos séculos XVII e XVIII:
A carón da igrexa está a que foi a Casa Rectoral e o seu tamaño e suntuosidade dá idea da importancia do Clero en épocas pasadas:
Ten unha finca ben grande ao seu redor que aparece chea de árbores de todo tipo:
A igrexa está situada nun lugar illado, bastante solitaria e rodeada ademais de pola Rectoral polo cemiterio e unha fonte cun lavadoiro moi restaurada:
Dubido un pouco cara a onde dirixir os meus pasos e decido ir cara a Illade que é unha aldea da parroquia de Xuances.
Cando vou achegándome a esta aldea o primeiro que me chama moito a atención son as enormes casas de pedra que hai:
Casas inmensas, algunhas en proceso de restauración e outras abandonadas:
A uns 50m. aprox. temos outra aldea:Cima de Vila. Dende aquí xa podemos ver o Cantábrico:
Decidín non aventurarme máis aló e din a volta ata a igrexa. A carretera coma tódalas de aldea é super tranquila e está rodeada de exuberante vexetación na que o outono empeza a amarelear as follas:
Collín o coche e fun ata outra aldea de Xuances: ata Pena
Que está ao lado de Ceranzos. Como podemos observar son aldeas nas que seguen a destacar as grandes casas de pedra.
Ceranzos |
Estamos por outra parte, moi cerca do mar:
Vemos Ceranzos e, ao fondo, o Cantábrico |
Dende Ceranzos vemos aló abaixo outra aldea: Prada
Outra vista de Pena:
Como dixen, estas aldeas están moi cerca do mar e concretamente da coñecida praia de Esteiro, unha praia case virxe de area fina e forte oleaxe moi aproveitada polos surfistas. Nos últimos anos ao redor desta praia apareceron e seguen aparecendo cada vez máis casas e chalets.
Praia de Esteiro |
En Xuances tamén temos a capela de S. Pedro Fiz, fundada no S. XVII e de gran devoción para bastante xente da Mariña:
A fonte de S. Pedro Fiz |
Ningún comentario:
Publicar un comentario